4. Traballar e avaliar

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Obxectivos Obxectivos

Es unha persoa de acción, Pablo? Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás a túa primeira misión neste curso! Esta tarefa non é avaliable, pero éche unha forma moi xeitosa de coller soltura de cara o traballo que terás que desenvolver nas vindeiras semanas descubrindo a plataforma que imos empregar e familiarizándote co seu funcionamento:


  • Tarefa 0. Creación do teu portafolio de Agueiro
    OpcionalPara acreditar a Competencia Dixital Docente é preciso que achegues evidencias do teu desempeño. Un bo xeito de facelo é a través dun portafolio, unha web onde publicar os proxectos desenvolvidos ao longo da túa traxectoria profesional. Así, a primeira tarefa será crear un portafolio en Agueiro e trazar as liñas mestras dun proxecto educativo sobre o que irás traballando área a área. O equipo de titorización empregará esta tarefa para axudarte no caso de que atopes dificultades.

  • Portafolio de exemplo
    OpcionalSe non tes moi claro como debe ser o portafolio a elaborar para o curso nin como evidenciar as competencias, ver un modelo háche ser de moita axuda! Este exemplo resolto servirache para comprender mellor que pretendemos do teu traballo.