Folla de ruta do curso
| Sitio: | CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro |
| Curso: | Ciencias Naturais 2 |
| Libro: | Folla de ruta do curso |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | xoves, 20 de novembro de 2025, 8:45 AM |
1. Primeiros pasos

2. Informarse e apreder
Na sección Informarse e aprender atoparás o material de consulta que recolle os contidos que artellan cada área da Competencia Dixital Docente. Porén, neste módulo introdutorio hai outras cousas que cómpre saber antes
de comezar a traballar. Así, o teu primeiro paso neste curso será ler con detemento esta documentación:
Guía do curso
ObrigatoriaÉ o documento que recolle todos os aspectos formais do curso. Para entendérmonos, unha especie de programación didáctica. Non te imos examinar do seu contido, pero cómpre lelo para que comprendas as implicacións desta formación.Situación de aprendizaxe
Obrigatoria Aquí descríbese o proxecto que desenvolverás ao longo do curso xunto cos requirimentos que debe cumprir para que poidamos validalo. Para asegurarnos de que o curso é do teu interese, é obrigatorio que leas este documento.Protocolo para a participación en cursos Platega
OpcionalComa en calquera situación, en Platega tamén cómpre manter as formas. Se é a primeira vez que fas un curso na plataforma, recomendámosche a lectura destes consellos.
3. Comunicarse e aprender
Unha vez que teñas máis claro que é o que se pretende nesta formación, pode que queiras facer algunha achega ou solventar algunha dúbida. Para iso atoparás o bloque Comunicarse e compartir. Amais, por ser este o módulo de introdución, requírese confirmar o teu interese en participar no curso formalizando a túa presentación. Déixame explicarche para que se emprega cada foro:
Foro de presentación de participantes
ObrigatoriaGustaríanos coñecerte mellor, Pablo! Esta non é unha tarefa como tal, pero é un requirimento necesario para continuares no curso. Rompe o xeo e fai a túa presentación ao grupo neste foro!Foro de consultas
OpcionalTes dúbidas? Se cadra alguén pode axudarche! Fai aquí as túas consultas relacionadas co traballo deste módulo. Para unha comunicación privada con outra persoa participante ou coa titoría, recomendámosche empregar a mensaxaría interna da plataforma, que podes atopar na fita superior ( ). Por favor, non envíes correos electrónicos.Foro de novas, avisos e anuncios
RestrinxidoA titora ou titor publicará neste foro as novidades do curso, novidades que tamén recibirás no teu correo electrónico. Como disto xa nos encargamos nós, non require que fagas nada ?.
4. Traballar e avaliar
Es unha persoa de acción, Pablo? Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás a túa primeira misión neste curso! Esta tarefa non é avaliable, pero éche unha forma moi xeitosa de coller soltura de cara o traballo que terás que desenvolver nas vindeiras semanas descubrindo a plataforma que imos empregar e familiarizándote co seu
funcionamento:
Tarefa 0. Creación do teu portafolio de Agueiro
OpcionalPara acreditar a Competencia Dixital Docente é preciso que achegues evidencias do teu desempeño. Un bo xeito de facelo é a través dun portafolio, unha web onde publicar os proxectos desenvolvidos ao longo da túa traxectoria profesional. Así, a primeira tarefa será crear un portafolio en Agueiro e trazar as liñas mestras dun proxecto educativo sobre o que irás traballando área a área. O equipo de titorización empregará esta tarefa para axudarte no caso de que atopes dificultades.Portafolio de exemplo
OpcionalSe non tes moi claro como debe ser o portafolio a elaborar para o curso nin como evidenciar as competencias, ver un modelo háche ser de moita axuda! Este exemplo resolto servirache para comprender mellor que pretendemos do teu traballo.

























