1. Ciencia

Axudante
Para poder traballar como verdadeiras científicas e científicos, primeiro debemos afondar no concepto de ciencia e no método de traballo das persoas científicas.

As persoas desde a antigüedade levan facéndose preguntas para comprender todo o que pasa ao seu arredor.
Para responder a estas preguntas as científicas e os científicos empregan o método científico.

Equipo de creación deste curso. A aventura da ciencia. CC BY-SA

Tarefas Responder Escribir
DEBATEMOS. Cal é a diferenza entre ciencia e opinión. Elaborar entre toda a clase un listado de feitos científicos e outro de opinións. Unha vez rematado, copialo no caderno.