Libro de contidos do tema "Somos científicas e científicos"

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Libro de contidos do tema "Somos científicas e científicos"
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 21 de novembro de 2025, 3:37 PM

1. Ciencia

Axudante
Para poder traballar como verdadeiras científicas e científicos, primeiro debemos afondar no concepto de ciencia e no método de traballo das persoas científicas.

As persoas desde a antigüedade levan facéndose preguntas para comprender todo o que pasa ao seu arredor.
Para responder a estas preguntas as científicas e os científicos empregan o método científico.

Equipo de creación deste curso. A aventura da ciencia. CC BY-SA

Tarefas Responder Escribir
DEBATEMOS. Cal é a diferenza entre ciencia e opinión. Elaborar entre toda a clase un listado de feitos científicos e outro de opinións. Unha vez rematado, copialo no caderno.

1.1. Método científico

Axudante

Imos descubrir o mundo que nos rodea como verdadeiras científicas e científicos: explorando, experimentando e aprendendo con curiosidade e diversión aplicando o método científico!

A continuación veremos os pasos que imos a seguir para aplicar o método científico nas nosas investigacións.

Equipo de creación deste curso. Fases do método científico. CC BY-SA

Tarefas Responder Colorear Escribir Recortar Pegar
 REVISAMOS. Repasamos as fases do método científico completando a planilla facilitada que achegaremos ao noso caderno.

1.2. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Preparado/a para investigar como o fan as científicas e científicos?
Imos aló! 

Tareas  colorear escribir colorear 
CONSTRUÍMOS. Imos elaborar un carné de persoa científica que nos acompañará ao longo dos nosos experimentos segundo o modelo facilitado.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Planilla de traballo

2. A materia

Axudante
Ola Usuario convidado!
Todo o que vemos, tocamos e mesmo o que non podemos ver está feito de materia: as nubes no ceo, o vaso de auga, a terra baixo os nosos pés e ata o aire que respiramos!
Pero… que fai que unha cousa sexa líquida, sólida ou gasosa?
Por que algunhas cousas flotan e outras afunden?...

A materia sempre ten masa e volume.

Equipo de creación deste curso. A materia. CC BY-SA

As propiedades da materia son como as pistas dun gran misterio científico. Cando as estudamos, aprendemos como funcionan as cousas ao noso redor e mesmo podemos imaxinar novas formas de usalas.

Tareas  escribir colorear Recortar pegar
MEDIMOS A MASA E VOLUME. Imos medir a masa e volume dun obxecto seguindo os pasos facilitados na seguinte guía de traballo.

2.1. Os materiais

Axudante
A materia que serve para facer obxectos chámase material.
Imos explorar como se comportan os materiais e para que poden ser utilizados.

Os materiais son as substancias que forman os obxectos.
As súas propiedades definen como son e como se comportan.

Equipo de creación deste curso. Propiedades da materia. CC BY-SA

Tarefas Observar Escribimos Recortamos Pegamos  
INVESTIGAMOS: En parellas, imos analizar as propiedades específicas de diversos materiais empregando a guía de traballo facilitada. 

Axudante
Para realizar a tarefa emprega esta guía:
Ficha modelo

2.2. Estados da materia

Axudante
A materia pode presentarse en tres estados principais: sólido, líquido e gasoso.
Cada estado ten propiedades únicas que descubriremos.!

Equipo de creación deste curso. Estados da materia. CC BY-SA

A materia cambia de estado ao arrefriar ou ao quecer.

Tarefas  Montar Colorear Escribimos Pegar Explicar
ELABORAMOS. Por parellas, imos elaborar un esquema que explique o proceso de cambio dos estados da materia empregando o material facilitado na guía de traballo.

2.3. As substancias

Axudante
Cada tipo de materia é unha substancia.
Segundo o tipo de composición, a materia podémola clasificar en dous grandes grupos:

A materia

Equipo de creación deste curso. Clasificación da materia. CC BY-SA

As substancias poden ser puras, cando están formadas por un só tipo de compoñente, ou mesturas, cando combinan varios.
Explorémolas! 

Equipo de creación deste curso. Tipos de mesturas. CC BY-SA

Tarefas clasificar colorear cortar Pegar Escribir
CLASIFICAMOS: Imos clasificar distintos tipos de mesturas segundo sexan homoxéneas e heteroxéneas segundo o modelo facilitado.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

2.4. Separación de mestruras

Axudante
As mesturas pódense separar usando diferentes métodos, como a filtración, a evaporación, a imantación ou a destilación.
Descubriremos como funcionan de forma práctica!

Equipo de creación deste curso. Métodos de separación de mesturas. CC BY-SA

Tarefas experimentar Escribir Debuxamos Expór
EXPERIMENTAMOS:
Imos realizar varios experimentos nos que empregaremos os métodos de separación de mesturas traballados neste tema:
     - Separación por filtración.
     - Separación por imantación.
     - Separación por evaporación.

2.5. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora é o momento de mostrar o que aprendestes e de actuar como verdadeiras científicas e científicos!
Imos realizar un experimento de separación de mesturas por destilación.
Preparado/a para o desafío?

Tareas experimentar Escribir Decorar Explicar
EXPERIMENTAMOS
. Para completar o traballo de investigación sobre os métodos de separación de mesturas, imos realizar unha separación de mesturas polo método de destilación.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega esta planilla:
Planilla de traballo

3. A enerxía

Axudante
A materia tamén ten enerxía.
A enerxía é o que fai que todo funcione: move os obxectos, cambia a materia e crea luz ou calor.
A enerxía nótase de moitas formas.
Estudémola!

Equipo de creación deste curso. Tipos de enerxía. CC BY-SA

Tarefas Pescudamos  Colorear Recortar Pegar Expór
PESCUDAMOS: Busca en revistas e xornais para reciclar imaxes dod distintos tipos de enerxía para poder crear un collage segundo a guía de traballo facilitada.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

3.1. A luz

Axudante
A luz permítenos ver o mundo. Pode reflectirse, refractarse e dividirse en cores.
Imos explorar os seus segredos!

Equipo de creación deste curso. Tipos de luz. CC BY-SA

A luz ten varias propiedades que imos estudar a continuación:

Equipo de creación deste curso. Propiedades da luz. CC BY-SA

Tarefas Pescudamos Recortar Colorear  Explicar
EXPERIMENTAMOS: Imos comprobar como se produce a refracción da luz seguindo os pasos que che indicamos no modelo de ficha.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

3.2. O son

Axudante
O son é unha vibración que viaxa polo aire e outros materiais.
Descubriremos como se crea e como o escoitamos!

Tarefas  Experimentar Escribir Colorear Explicar
EXPERIMENTAMOS. Imos comprobar como se despraza o son polo aire en forma de ondas segundo a planilla facilitada.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Planilla de traballo

3.3. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos preparar un caderno que recolla todas as nosas investigacións e experimentos. 
Mans á obra!!

Tareas escribir colorear
MANS Á OBRA. Para poder organizar todos os experimentos imos realizar a portada do noso caderno científico.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Menú semanal

4. Revisamos o aprendido

Axudante
Parabéns Usuario convidado!
Xa case estamos chegando ao final, pero quédannos por facer as actividades máis divertidas.
A investigar!!

Tareas Pantalla interactiva
REPASAMOS. Agora imos a recordar, de forma lúdica na pantalla interactiva, todo o que traballamos neste tema titulado "Somos científicas e científicos". Comprobo o que sei.

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
MAPA CONCEPTUAL. Para rematar este tema, deberás completar o mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega estas planillas:

Mapa conceptual