Folla de ruta do curso
Section outline
Requisitos do completado
Ver
2. Informarse e apreder
Antes de comezar a nosa aventura, na sección de "Informarse e aprender" presentámosvos o noso libro de contidos para o tema "Xogamos cos animais". Este libro está cheo de historias fascinantes, xogos divertidos e actividades creativas que nos axudarán a coñecer mellor a distintos animais. Aquí atoparedes información sobre os seus hábitats, que comen, como viven e moito máis. Estou seguro de que vos encantará e aprenderedes moitas cousas novas mentres xogamos e descubrimos xuntos.
Imos comezar esta emocionante viaxe polo mundo animal!.
Presentación do tema
ObrigatoriaAquí atoparás un vídeo e unha lamina de presentación do tema hai imaxes de moitos animais diferentes. Fíxate ben en cada un deles: temos un león valente, un elefante enorme, unha xirafa alta, un pingüín simpático, un papagaio colorido e moitos máis. Cada un destes animais ten unha historia fascinante que imos descubrir.
Estou seguro de que vos encantará coñecelos e aprender máis sobre eles!Pescudamos como clasificar animais
Obrigatoria Neste libro, viaxarás por selvas, océanos e desertos para descubrir como ordenamos aos nosos amigos peludos, escamosos e plumíferos. Prepárate para resolver misterios naturais e converterte nun auténtico detective animal!.Mapa mental da clasificación dos animais
Obrigatoria Este mapa axudaranos a ter una visión do conxunto do tema. É unha forma visual e divertida de coñecer máis sobre os nosos amigos peludos, con plumas e escamosos. Con el imos explorar e descubrir xuntos o marabilloso mundo dos animais!.




