Folla de ruta do curso

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Folla de ruta do curso
Impreso por: Usuario convidado
Data: luns, 24 de novembro de 2025, 12:33 AM

1. Primeiros pasos

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Traballar e avaliar Obxectivos
Axudante
Nesta nova e emocionante aventura sobre o tema "Xogamos cos animais" preparamos xogos e actividades divertidas para coñecer máis sobre os nosos amigos peludos, emplumados e escamosos.
Imos pasalo xenial descubrindo o mundo dos animais!

2. Informarse e apreder

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Traballar e avaliar Obxectivos

Antes de comezar a nosa aventura, na sección de "Informarse e aprender" presentámosvos o noso libro de contidos para o tema "Xogamos cos animais". Este libro está cheo de historias fascinantes, xogos divertidos e actividades creativas que nos axudarán a coñecer mellor a distintos animais. Aquí atoparedes información sobre os seus hábitats, que comen, como viven e moito máis. Estou seguro de que vos encantará e aprenderedes moitas cousas novas mentres xogamos e descubrimos xuntos.

Imos comezar esta emocionante viaxe polo mundo animal!.

  • Presentación do tema
    ObrigatoriaAquí atoparás un vídeo e unha lamina de presentación do tema hai imaxes de moitos animais diferentes. Fíxate ben en cada un deles: temos un león valente, un elefante enorme, unha xirafa alta, un pingüín simpático, un papagaio colorido e moitos máis. Cada un destes animais ten unha historia fascinante que imos descubrir.
    Estou seguro de que vos encantará coñecelos e aprender máis sobre eles!

  • Pescudamos como clasificar animais
    Obrigatoria Neste libro, viaxarás por selvas, océanos e desertos para descubrir como ordenamos aos nosos amigos peludos, escamosos e plumíferos. Prepárate para resolver misterios naturais e converterte nun auténtico detective animal!.

  •   Mapa mental da clasificación dos animais
    Obrigatoria Este mapa axudaranos a ter una visión do conxunto do tema. É unha forma visual e divertida de coñecer máis sobre os nosos amigos peludos, con plumas e escamosos. Con  el imos explorar e descubrir xuntos o marabilloso mundo dos animais!.

3. Compartir e comunicar

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Traballar e avaliar Obxectivos

Aquí atoparás o bloque Compartir e comunicar e dentro del o Foro de consultas. Déixame explicarche para que se emprega o foro:

  • Foro de consultas
    OpcionalEste espazo está creado para que poidades facer todas as preguntas que teñades sobre o tema "Xogamos cos animais". Aquí poderedes compartir as vosas dúbidas, curiosidades ou calquera cousa que queirades saber máis a fondo. Ademais, podedes axudar respondendo as preguntas das que saibades a resposta. Imos aproveitar este foro para aprender en equipo e resolver todas as nosas inquedanzas sobre os animais.
    Animádevos a participar!

4. Traballar e avaliar

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Obxectivos Obxectivos

Es unha persoa de acción, Pablo? Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás as túas misións neste tema! Estas tarefas  son avaliables, e a súa cualificación quedará reflectida no teu libro de cualificacións:

  • Tarefas do portfolio
    ObrigatoriasAquí recollemos un resumo das tarefas obrigatorias que hai que facer ao longo do tema e que aparecen recollidas dentro do libro "Pescudamos como clasificar aos animais" no apartado de Traballando no portfolio.
  • Tarefas interactivas
    ObrigatoriasEstas tarefas interactivas tamén sumarán no teu libro de cualificacións. Son moi fáciles e divertidas, así que non deixes de facelas.
  •   Proba de avaliación inicial do tema 4
    ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida.
  •   Proba de avaliación final do tema 4
    ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida.
  •   Repositorio de materiais para a unidade 3
    OpcionalNesta base de datos, a persoa que titoriza o curso, ofrecerá recursos e ligazóns de interese para o desenvolvemento desta unidade.

5. Obxectivos

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Comunicarse e apender Obxectivos
Mascota axudanre
Máis nada, Usuario convidado! Xa sabes todo o que precisas para comezar a traballar. Se nalgún momento tes dúbidas do que cómpre facer, consulta de novo esta folla de ruta as veces que queiras.
Comezamos!