Axudante
Ola Usuario convidado! Neste apartado fágoche un resumo de todas as tarefas reflectidas no libro do tema "Pescudamos como clasificar os animais" que iremos realizando pouco a poco durante o desenvolvemento do tema 4 para achegar ao teu portfolio.
Recorda que serán avaliadas, no teu Libro de cualificacións do curso, unha vez rematado o tema.
PREME no título da tarefa para acceder a ela no libro de contidos.

Tarefa Escribir Decorar
2.1 REDACTAMOS
: Recolle os nomes dos oito animais ovíparos da sopa de letras anterior e elabora unha frase no teu caderno de clase con eles. Podes decorar a frase con algunha imaxe.

Tarefa Escribir Recortar Pegar
2.2 CREAMOS: Recolle os nomes dos animais que aparecen na imaxe anterior e busca outros para completar o acróstico coa palabra VIVÍPAROS que podrás descargar premendo na planilla.

Tarefas Escribir Colorear Recortar Pegar
2.3 CLASIFICAMOS
: Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo a forma de reproducirse e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematadas, recorta e pega o traballo no teu caderno.

Tarefas Pescuda Recortar Escribir
3.1 PESCUDAMOS
: Busca en revistas
imaxes de animais herbívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes na carpeta de clase para elaborar un collage cando saibamos todo sobre como se alimentan os animais.

Tarefa Pescuda Recortar Escribir 
3.2 PESCUDAMOS:
Segue buscando en revistas
imaxes de animais carnívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes na carpeta de clase, xunto coas dos herbívoros, para elaborar un collage cando saibamos todo sobre como se alimentan os animais.

Tarefa Buscar Recortar Escribir
3.3 PESCUDAMOS
: Para rematar, busca imaxes
de animais omnívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes carpeta de clase, xunto coas imaxes anteriores, para elaborar un collage sobre como se alimentan os animais.

Tarefa Clasificar Colorear Pegar
3.4 CREAMOS UN COLLAGE
.
Imos montar un collage en grupos de tres persoas:
Primeiro clasificaremos as imaxes dos animais segundo o seu tipo de alimentación.
Segundo, deseñaremos nunha cartolina o formato que lle imos dar ao collage: Título e tipos de animais segundo a súa alimentación.
Por último, colocaremos as nosas imaxes no cartaz e iremos pegándoas.
E para rematar, sede creativos e decorade o collage segundo máis vos guste.

Tarefas Escribir Colorear Cortar Pegar
3.5 MANS Á OBRA
.
Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo a forma de alimentarse e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematada, recorta e pega o traballo no teu caderno.

Tarefa Debater
4.1 DEBATEMOS
.
Que pasaría se os animais non se adaptaran ao lugar e ao medio onde viven.

Tarefas Debater
4.2 DEBATEMOS.
Imos afondar no debate anterior. Que pasaría se trasladamos un animal a un hábitat diferente ao seu?. Primeiro, anotaremos todas as suxerencias que fagades na pizarra de clase. Unha vez rematado, seleccionamos as mellores aportacións e .anotarémolas no caderno de clase.

TarefasBuscar Escribir Debater Pegar
4.3 INVESTIGAMOS
.
Imos a pescudar información sobre outras adaptacións dos animais ao medio onde viven. Podes pescudar en internet ou buscar a información coa axuda da túa familia. Aquelas adaptacións que che resulten máis curiosas, anótaas na planilla que che facilitamos para poder comentalas en clase.
Despois de expoñer en clase os resultados das vosas investigacións, completa a túa ficha e pégaa no teu caderno..

TarefasEscribir Colorear Pegar
4.4 MANS Á OBRA
.
Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo o seu hábitat e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematada, recorta e pega o traballo no teu caderno.

Tarefas Pescudar Crear Comentar Recortar Pegar
5.2 INVESTIGAMOS
.
Para realizar esta tarefa deberedes completar un álbum de animais invertebrados. Nós seremos as persoas responsables de crear os cromos segundo as instrucións que se facilitan na planilla.
Cando teñas o álbum completo, pegaralo no teu caderno.

Tarefas Completar Colorear Recortar Pegar
5.3 MANS Á OBRA
. Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo teñan ou non esqueleto e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematada, recorta e pega o traballo no teu caderno.

Tarefas  Pescudar Completar Decorar Recortar Pegar
6.1 CLASIFICAR ANIMAIS
. Facede equipos de 2 persoas. Escollede un dos animais que aparecen nas seguintes ligazóns e cubride a ficha técnica para poder clasificar ao animal segundo as instrucións da planilla:
    - Fauna ibérica.
    - Galicia Salvaxe.

Tarefas Buscar Completar Decorar Recortar Pegar
6.2 MAPA CONCEPTUAL
.
Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Última modificación: martes, 24 de decembro de 2024, 1:11 AM