Folla de ruta do tema 2

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Folla de ruta do tema 2
Impreso por: Usuario convidado
Data: luns, 24 de novembro de 2025, 6:08 PM

1. Primeiros pasos

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Traballar e avaliar Obxectivos
Axudante
Ola Usuario convidado!
Comezamos un tema super especial e moi importante: "Coidamos a nosa saúde". Imos aprender como manternos fortes e sans de forma divertida.
Preparádevos para descubrir segredos sobre alimentos máxicos que nos dan enerxía, xogos que nos fan máis fortes, e trucos para manter a nosa mente en forma. Teremos actividades, xogos e retos que nos axudarán a entender como podemos coidar o noso corpo e sentirnos xenial cada día.
Imos ser auténticos superheroes e autenticas superheroinas da saúde!
Imos aló!

2. Informarse e apreder

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apenderTraballar e avaliar Obxectivos

Antes de comezar a nosa aventura, na sección de "Informarse e aprender" presentámosvos o noso libro de contidos para o tema "Coidamos a nosa saúde"

Imos comezar esta emocionante viaxe ....

  • Presentación do tema
    ObrigatoriaNa lámina de presentación do tema atoparedes imaxes e unha curta cos que descubriremos como cambiamos e crecemos cada día.

  • Pescudamos sobre Coidamos a nosa saúde
    Obrigatoria No libro de contidos "Coidamos a nosa saúde pescudaredes sobre o que debemos facer para coidar a nosa saúde coa adquisición de hábitos saudables e alimentándonos ben.

  •   Mapa mental do tema Como medramos!
    Obrigatoria Este mapa axudaranos a ter una visión do conxunto do tema. É unha forma visual e divertida de coñecer máis sobre como coidar a nosa saúde.

3. Compartir e comunicar

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Traballar e avaliar Obxectivos

Aquí atoparás o bloque Compartir e comunicar e dentro del o Foro de consultas. Déixame explicarche para que se emprega o foro:

  • Foro de consultas
    OpcionalEste espazo está creado para que poidades facer todas as preguntas que teñades sobre o tema "Coidamos a nosa súde". Aquí poderedes compartir as vosas dúbidas, curiosidades ou calquera cousa que queirades saber máis a fondo. Ademais, podedes axudar respondendo ás súas preguntas das que saibades a resposta. Imos aproveitar este foro para aprender en equipo e resolver todas as nosas inquedanzas sobre este tema.
    Animádevos a participar!

4. Traballar e avaliar

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Obxectivos Obxectivos

Es unha persoa de acción?
Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás as túas misións neste tema! Estas tarefas  son avaliables, e a súa cualificación quedará reflectida no teu libro de cualificacións:

  • Tarefas do portfolio
    ObrigatoriasAquí recollemos un resumo das tarefas obrigatorias que hai que facer ao longo do tema e que aparecen recollidas dentro do libro "Coidamos a nosa saúde" no apartado de Traballando no portfolio.
  • Tarefas interactivas
    ObrigatoriasEstas tarefas interactivas tamén sumarán no teu libro de cualificacións. Son moi fáciles e divertidas, así que non deixes de facelas.
  •   Proba de avaliación inicial do tema 2
    ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida.
  •   Proba de avaliación final do tema 2
    ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida.
  •   Repositorio de materiais para a unidade 2
    OpcionalNesta base de datos, a persoa que titoriza o curso, ofrecerá recursos e ligazóns de interese para o desenvolvemento desta unidade.

5. Obxectivos

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Comunicarse e apender Obxectivos
Mascota axudanre
Máis nada, Usuario convidado! Xa sabes todo o que precisas para comezar a traballar. Se nalgún momento tes dúbidas do que cómpre facer, consulta de novo esta folla de ruta as veces que queiras.
Comezamos!