Axudante
Ola Usuario convidado! Neste apartado fágoche un resumo de todas as tarefas reflectidas no libro do tema "Coidamos a nosa saúde!" que iremos realizando pouco a poco durante o desenvolvemento do tema 2 para achegar ao teu portfolio.
Recorda que serán avaliadas, no teu Libro de cualificacións do curso, unha vez rematado o tema.
PREME no título da tarefa para acceder a ela no libro de contidos.

Tarefas Pensamos Escribimos Recortamos Pegamos  
1.1 PESCUDAMOS: Pregunta á túa familia en casa que enfermidades pasaches. Cos datos obtidos cubre o modelo facilitado e pégao no teu caderno de clase.

Tarefas Escribir Recortar Pegar
1.3 PESCUDAMOS: Pregunta á túa familia en casa que enfermidades pasaches e que vacinas che puxeron. Cos datos obtidos cubre o modelo facilitado e pégao no teu caderno de clase.

Tareas Pescudar colorear escribir colorear pegar
1.4 INVESTIGAMOS SOBRE ATENCIÓN MÉDICA. Deberás pescudar coa túa familia todo o que che aconteceu na visita a un hospital ou centro médico, empregando a planilla facilitada.

Tarefas  Responder
2.0 DEBATEMOS. Que nos pasaría se non tivésemos estes hábitos saudables.

Tarefas Responder Escribir
2.1 DEBATEMOS Que outras accións podemos realizar para previr accidentes na nosa casa e no cole. Primeiro, anotaremos todas as suxerencias que fagades na pizarra de clase. Unha vez rematado, seleccionamos as mellores aportacións e anotarémolas no caderno de clase.

Tareas  colorear escribir Recortar pegar
2.2 CREAMOS UN FLIPBOOK. Imos montar un flipbook dos hábitos saudables co aprendido neste tema segundo as instrucións facilitadas na planilla.

Tarefas Pescudamos Recortar Colorear Escribir
3.1 PESCUDAMOS: Busca en folletos de publicidade de supermercado imaxes de alimentos e recórtaos. Unha vez recortados, deberás clasificalos segundo sexan naturais ou elaborados como che indicamos no modelo de ficha.

Tarefas  Crear Colorear Recortar Clasificar Escribir Pegar
3.2 CONSTRUÍMOS: Realiza a pirámide dos alimentos seguindo as instrucións facilitadas na planilla facilitada.

 Tareas  dibuxar cambiar cromos Clasificar Esbribir Recortar Pegar   
3.3 PESCUDAMOS. Para realizar esta tarefa clasificaremos os alimentos segundo as substancias que nos aportan. Posteriormente, completaremos o prato de menú saudable que se facilitan.
Cando teñas o prato completo, pegaralo no teu caderno.

Tareas Debater escribir colorear Cortar pegar
3.4 MANS Á OBRA: Por parellas, recopila a información que traballamos no tema e elaborar un menú saudable para unha semana seguindo as instrucións e a táboa facilitada.

Tareas Buscar escribir colorear Recortar pegar
4.1 INVESTIGAMOS SOBRE A NOSA ALIMENTACIÓN: Imos revisar como estamos

Tareas Buscar escribir colorear Recortar pegar
4.2 MAPA CONCEPTUAL. Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Última modificación: sábado, 7 de decembro de 2024, 5:44 PM