Folla de ruta do tema 1

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Folla de ruta do tema 1
Impreso por: Usuario convidado
Data: luns, 24 de novembro de 2025, 2:30 PM

1. Primeiros pasos

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Traballar e avaliar Obxectivos
Axudante
Benvida ao noso primeiro tema: 'Como medramos!'.
Ao longo deste tema, exploraremos como todos os seres vivos, incluído nós, experimentamos cambios ao longo das nosas vidas. Dende o crecemento físico ata as transformacións emocionais e sociais, comprenderemos mellor os procesos que nos fan evolucionar e adaptarnos ao noso entorno.
Preparádevos para unha viaxe fascinante a través do mundo do crecemento e do cambio.

2. Informarse e apreder

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apenderTraballar e avaliar Obxectivos

Antes de comezar a nosa aventura, na sección de "Informarse e aprender" presentámosvos o noso libro de contidos para o tema "Como medramos!".

Imos comezar esta emocionante viaxe ....

  • Presentación do tema
    ObrigatoriaNa lámina de presentación do tema atoparedes imaxes e unha curta cos que descubriremos como cambiamos e crecemos cada día.

  • Pescudamos sobre Como medramos
    Obrigatoria No libro de contidos "Como medramos!" pescudaredes sobre as etapas da vida (infancia, adolescencia, idade adulta e ancianidade) e as funcións vitais das persoas, como respirar, alimentarse, crecer, reproducirse e relacionarse cos demais.

  •   Mapa mental do tema Como medramos!
    Obrigatoria Este mapa axudaranos a ter una visión do conxunto do tema. É unha forma visual e divertida de coñecer máis sobre as etapas da vida e  as funcións vitais.

3. Compartir e comunicar

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Traballar e avaliar Obxectivos

Aquí atoparás o bloque Compartir e comunicar e dentro del o Foro de consultas. Déixame explicarche para que se emprega o foro:

  • Foro de consultas
    OpcionalEste espazo está creado para que poidades facer todas as preguntas que teñades sobre o tema "Como medramos!". Aquí poderedes compartir as vosas dúbidas, curiosidades ou calquera cousa que queirades saber máis a fondo. Ademais, podedes axudar aos membros do curso, respondendo ás súas preguntas. Imos aproveitar este foro para aprender en equipo e resolver todas as nosas inquedanzas sobre este tema.
    Animádevos a participar!

4. Traballar e avaliar

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Obxectivos Obxectivos

Es unha persoa de acción?
Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás as túas misións neste tema! Estas tarefas  son avaliables, e a súa cualificación quedará reflectida no teu libro de cualificacións:

  • Tarefas do portfolio
    ObrigatoriasAquí recollemos un resumo das tarefas obrigatorias que hai que facer ao longo do tema e que aparecen recollidas dentro do libro "Como medramos!" no apartado de Traballando no portfolio.
  • Tarefas interactivas
    ObrigatoriasEstas tarefas interactivas tamén sumarán no teu libro de cualificacións. Son moi fáciles e divertidas, así que non deixes de facelas.
  •   Proba de avaliación inicial do tema 1
    ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida.
  •   Proba de avaliación final do tema 1
    ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida.
  •   Repositorio de materiais para a unidade 1
    OpcionalNesta base de datos, a persoa que titoriza o curso, ofrecerá recursos e ligazóns de interese para o desenvolvemento desta unidade.

5. Obxectivos

Introdución Informarse e aprender Comunicarse e apender Comunicarse e apender Obxectivos
Mascota axudanre
Máis nada, Usuario convidado! Xa sabes todo o que precisas para comezar a traballar. Se nalgún momento tes dúbidas do que cómpre facer, consulta de novo esta folla de ruta as veces que queiras.
Comezamos!