Axudante
Ola Usuario convidado! Neste apartado fágoche un resumo de todas as tarefas reflectidas no libro do tema "Como medramos!" que iremos realizando pouco a poco durante o desenvolvemento do tema 1 para achegar ao teu portfolio.
Recorda que serán avaliadas, no teu Libro de cualificacións do curso, unha vez rematado o tema.
PREME no título da tarefa para acceder a ela no libro de contidos.

Tareas clasificar escribir colorear colorear pegar
1.2 MONTAMOS UN FLIPBOOK. Imos completar un flipbook empregando a planilla facilitada:
Primeiro buscaremos imaxes de persoas e clasificarémolas segundo a etapa á que pertenzan.
Segundo, completaremos cada ficha coas características de cada etapa.
Por último, decoraremos cada etapa e recortaremos as fichas.
E para rematar, montaremos coas diferentes etapas o flipbook.

Tarefas Recortar Escribir
3.1 PESCUDAMOS: Busca en revistas unha imaxe dunha persoa en acción (saltando, correndo, bailando…). Recórtaa e pégaa na ficha facilitada. Por último, completa co que crees que pasou para que reaccionase así.

Tarefas Pescudamos Recortar Colorear Escribir
3.2 PESCUDAMOS:
Segue buscando en revistas unha imaxe dunha persoa na que se observen todas as extremidades. Marca en cor, sobre a imaxe, as articulacións que che indicamos no modelo de ficha.
Unha vez que remates, recorta e relaciona o nome coa articulación.

Tareas clasificar colorear escribir colorear pegar
3.3 CREAMOS UN ATLAS DO CORPO. Imos montar un atlas do corpo humano co aprendido neste tema segundo as instrucións facilitadas:
Primeiro monta o caderno co modelo facilitado.
Segundo, elabora unha portada do teu atlas.
Por último, dedica cada páxina a un aparato. Comezaremos completando as páxinas dos sentidos e do aparato locomotor.

Tarefas  Responder
4.1 DEBATEMOS. Que pasaría se algún dos aparatos que interveñen na nutrición deixa de funcionar correctamente.

Tareas escribir colorear colorear pegar
4.2 MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre aos aparatos que empregamos na nutrición e completa o teu  Atlas do corpo humano empregando os modelos que che facilitamos.

Tarefas Responder Escribir
5.0 DEBATEMOS: Que pasaría se as persoas non realizarán a función de reprodución. Primeiro, anotaremos todas as suxerencias que fagades na pizarra de clase. Unha vez rematado, seleccionamos as mellores aportacións e .anotarémolas no caderno de clase.

Tareas Pescudar cambiar cromos dibuxar Recortar Pegar   
5.1 INVESTIGAMOS. Para realizar esta tarefa busacaremos entre todos e todas o nome dos órganos de reprodución feminino e masculino. Posteriormente, completaremos os esquemas que se facilitan.
Cando teñas o esquema completo, pegaralo no teu caderno.

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
6.1 INVESTIGAMOS SOBRE A NOSA SAÚDE. Imos revisar como estamos de oído e como late o noso corazón seguindo as instrucións facilitadas na planilla:
 - Oído: para revisar o oído preme na ligazón

 Tarefas Buscar Completar Decorar Recortar Pegar
6.2 MAPA CONCEPTUAL
.
Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Última modificación: luns, 23 de decembro de 2024, 6:31 PM