Webquest para o Día Mundial do Medio Ambiente
Proceso
Tarefa 1: Problemas medioambientais do Concello
Para a realización da tarefa seguiredes, por orde, os seguintes pasos:(3 sesións máis traballo na casa)
Imos realizar unha soa presentación entre toda a clase. Todo o alumnado xogará un papel activo como técnico de medio ambiente, especializado nun dos seguinte traballos de investigación:- Técnico/a especializado en contaminación atmosférica.
- Técnico/a en contaminación hidrolóxica.
- Técnico/a en contaminación do solo.
- Técnico/a en residuos sólidos.
- Técnico/a en biodiversidade..
- Repartiremos os membros da clase equitativamente entre todos os traballos técnicos ofertados. Unha vez asignados aos vosos traballos, seguiredes os seguintes pasos:
- Traballo na clase: (1 sesión)
Formarédesvos como técnicos medioambientais, nas ligazóns facilitadas, para saber que impactos medioambientais tedes que buscar na vosa contorna. - Traballo de campo: (as horas que precisedes fóra do horario lectivo)
- Cando teñades claro que é o que tendes que buscar na vosa contorna, realizaredes a pescuda de información seguindo as instrucións dadas a cada técnico.
- Na presentación que fagades, deberedes incluír imaxes cun título (problema medioambiental) e un pé de imaxe que a describa. As imaxes serán realizadas por vós, con cámara dixital ou co móbil.
- Para atopar posibles lugares con problemas medioambientais podedes preguntar aos vosos familiares e veciños. Estes poderán axudarvos na vosa investigación.
- Cando teñades completado o esquema/guión do traballo, xuntarédesvos entre os técnicos de cada traballo para editar a vosa parte da presentación. Se non atopades situacións medioambientais críticas, teredes que facer unha exposición que poña de manifesto o bo estado en que se atopa o Medio Ambiente da vosa contorna. A presentación podédela editar en liña con Google presentacións, así facilitaravos a súa exposición á clase. (1 sesión)
- Por último, cada grupo de técnicos/as exporá os súas pesquisas ao resto de compañeiros i entre todos os membros de clase faremos as achegas precisas para melloralo. (1 sesión)
- En Google presentacións.
- Ou desde o PC de clase se foi feita con Office o Libreoffice.
- Como actividade final, realizaremos, en gran grupo, a montaxe de todos os traballos de investigación nun documento único que será adxuntado á instancia que achegaremos ao responsablede Medio Ambiente do noso Concello.
Esta presentación final será publicada na web e nos blogs do centro no Día Mundial do Medio Ambiente.
Tarefa 2: Informe medioambiental
Para a realización da tarefa seguiredes, por orde, os seguintes pasos: (2 sesións)
- Unha vez que teñamos realizada a presentación sobre o estado medioambiental da nosa contorna, realizaremos un informe no que, ademais de reflectir nel os impactos medioambientais atopados, engadiremos as nosas propostas medioambientais para cambiar as situacións problemáticas atopadas procurando que sexan realistas, alcanzables e temporalizables.
- Tamén elaboraremos unha instancia para entregar os documentos no Rexistro do noso Concello.
Instrucións para os técnicos medioambientais
- Técnic
os en contaminación atmosférica
Vós encargarédesvos de pescudar sobre os principais efectos da actividade humana na contaminación atmosférica do voso entorno.
As seguintes ligazóns teñen suficiente información que vos pode axudar na vosa pesquisa:
- Impacto sobre a atmosfera. Curso de Bioloxía do INTEF. (Lee o punto 2 correspondente).
- Impacto sobre a atmosfera. Adaptación do curso de Bioloxía do INTEF.
- Emisións á atmosfera. Consellería de Medio Ambiente.
- Ficha orientativa para a recollida de datos na presentación:

- Técnicos
en contaminación hidrolóxica
Vos seredes os responsables de buscar información para elaborar o apartado da presentación destinado á calidade das augas do nosa contorna.
Nas seguintes ligazóns atoparedes a información necesaria para comezar a pescudar: - Impactos sobre a hidrosfera. Curso de Bioloxía do INTEF. (Lee o punto 2 correspondente).
- Impactos sobre a hidrosfera. Adapatación do curso do INTEF.
- Canle multimedia Augas de Galicia. Consellería de Medio Ambiente.
- Ficha modelo para a recollida de datos na presentación:

- Técnicos
en contaminación do solo
Os técnicos en contaminación do solo buscaredes procesos que están a influir no deterioro e fertilidade do solo da nosa contorna.
Nas seguintes ligazóns atoparedes a información necesaria: - Impactos sobre o solo. Curso de Bioloxía do INTEF. (Lee o punto 2 correspondente).
- Impactos sobre o solo. Adapatación do curso do INTEF.
- Calidade do solo. Consellería de Medio Ambiente.
- Ficha modelo para a recollida de datos na presentación:

- Técnico
en residuos sólidos
Os técnicos e técnicas en residuos sólidos pescudaredes sobre a acomulación de residuos sólidos en zonas non autorizadas.
Nas seguintes ligazóns atoparedes a información necesaria: - Impacto de residuos sólidos. Curso de Bioloxía do INTEF. (Lee o punto 2 correspondente).
- Impacto de residuos sólidos. Adaptación do curso de Bioloxía do INTEF.
- Fluxos de residuos sólidos. Consellería de Medio Ambiente.
- Ficha modelo para a recollida de datos na presentación:

- Técnico
en biodiversidade
Os tecnicos e técnicas en biodiversidade pescudaredes sobre a situación das especies en peligro de extinción que hai na vosa contorna.
Nas seguintes ligazóns atoparedes a información necesaria: - Impacto sobre a biodiversidade. Curso de Bioloxía do INTEF. (Lee o punto 2 correspondente).
- Impacto sobre a biodiversidade. Adaptación do curso de Bioloxía do INTEF.
- Biodiversidade en Galicia. Consellería de Medio Ambiente.
- Ficha modelo para a recollida de datos na presentación:
