Caza do tesouro: Día da Paz e Non Violencia
Introdución

O día 30 de xaneiro é o Día Internacional da Paz e a Non Violencia Escolar, e aínda que sabemos que a Paz hai que traballala cada día, imos aproveitar esta Caza do tesouro para reflexionar, especialmente sobre o que significa que teñamos actitudes de respecto, tolerancia, aceptación, conciliación...
Alguén dixo:
" Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño"...
... intentaremos saber un pouco máis do artífice desta frase.
Ánimo, e prestade atención para poder completar a Caza do tesouro!!!