Docencia. Metodoloxías diversas para unha comunicación inclusiva
(27/11/2024)
Sesión presencial docencia.
Formación do profesorado no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro: Innovando na comunicación co alumnado con NEE. Nos días 19 e 27 de novembro de 2024 e 14 de xaneiro de 2025, o profesorado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participou nunha formación centrada nas formas alternativas de comunicación co alumnado con necesidades educativas especiais (NEE). Esta formación, impartida de forma maxistral pola docente Sabela, tivo como obxectivo dotar ao profesorado de ferramentas e estratexias que melloren a interacción e a inclusión do alumnado na aula.
Revisamos e afondamos no coñecemento das estratexias da Linguaxe Natural Asistida. Como? 1º Comunica. Etiquetado verbal, 2º Atribúo significado: modelo a través des estratexias de expandir: slow (despacio), model (fala+pictograma), respect and reffect (modela a súa comunicación non verbal), respeat (repite o que queiras que aprenda), expand (expande partindo da súa producción), Stop (da tempo a que responda) ; 3º reestruturar coas xerarquías de apoio (Alfassac e dobre equipo) e 4º Contexto. Andamiaxe: hai que falar cAA para ensinar SAAC Practicamos con todo o aprendido. Por parellas escoller unha actividade para analizar as xerarquías de apoio: Espera-motivación, pausa expresiva, axuda xestual indirecta e directa, axuda verbal indirecta (frases e preguntas abertas), preguntas directas (atribuír significado), ofrecer exemplos, modelado directo (estás triste), guía física.