Proceso

TAREFA 1: OS INICIOS
1.A. Precisamos saber máis sobre os comezos dos xogos olímpicos. Como mínimo debedes achar información que responda ás seguintes preguntas:
- Onde comezaron?
- Cando?
- A que deus honraban?
1.B. Coa información obtida imos a crear un texto en libreoffice writer coa información obtida e tamén a completar entre todas e todos unha wiki. Enviade aquí o texto e entrade aquí para engadir a información obtida.

TAREFA 2: OS XOGOS OLÍMPICOS DA ERA MODERNA
2.A. Buscade información sobre os xogos olímpicos na actualidade. Velaí unhas pistas do que debedes tratar como mínimo:
- Quen os recuperou e cando?
- Cada cantos anos se celebran?
- Celebráronse sempre desde aquela? Por que?
- Segundo a época do ano, que tipos de olimpíadas hai?
2.B. Cando teñades a información creade un texto en libreoffice coa mesma. Podedes engadir máis información que a que explica os puntos anteriores se a considerades interesante. Unha vez rematado, subide o arquivo aquí e entrade aquí para engadir a información obtida na wiki.

TAREFA 3: OLIMPÍADAS E PARAOLIMPÍADAS
3.A. Buscade información que aclare as diferenzas entre elas. Tamén podedes buscar cales se celebran antes, se teñen lugar na mesma cidade,...
3.B. Agora información creade unha pequena presentación que vos axude a explicarllo a outras compañeiras e outros compañeiros. Podedes usar o libreoffice impress ou algun dos programas ou aplicacións en rede que se inclúen nos recursos.

TAREFA 4: DEPORTES OLÍMPICOS
Debedes incluír 10 deportes que formen parte das olimpíadas nesta base de datos. Preferiblemente escollede 5 olímpicos e 5 paralímpicos. Poden ser de verán ou de inverno pero debe haber como mínimo 2 de cada.
Ollo! Tedes que completar varios apartados (nome, imaxe dunha competición, época do ano, clasificación,...). Procurade non deixar ningún baleiro. Cando queirades comezar a encher a base de datos facede click aquí.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0