LEROY ANDERSON
(Fonte fotografía: dsokids.com)
Data de Nacemento: 29 de xuño de 1908 en Cambridge
Data de Falecemento: 18 de maio de 1975 en Woodbury
Compositor estadounidense do século XX.
Comezou os seus estudos musicais coa súa nai e posteriormente estudou contrabaixo con Gaston Dufresne en Boston. Despois seguiu cursos de composición na Universidade de Harvard. Chegou a ser o director da banda oficial da universidade tras titularse en 1930. Algunhas das súas composicións máis coñecidas son "Jazz Pizzicato" (1938), "The Syncopated Clock" (1945), "Sleigh Ride" (1948), "Plink, Plank, Plunk!" (1951) e "The First Day of Spring" (1954). THE TYPEWRITER (1950) é un tema donde o humor está expresado pola utilización da máquina de escribir como un solo "instrumental".
MILLADOIRO
(Fonte fotografía: commons.wikimedia.org)
Grupo folk galego creado no ano 1978 ao xuntarse músicos do grupo “faíscas do xiabre” con Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Posteriormente uníronse Xosé A. Méndez e a violinista Laura Quintillán. A esta sucedérona en anos posteriores Míchel Canadá, Antonio Seijo e por último Harry C. Aúnan sons e instrumentos procedentes do folclore galego con novas aportacións e instrumentacións que o enriquecen Teñen no seu haber arredor de 20 gravacións así como numerosos premios tanto nacionais como internacionais sendo un dos grupos máis importantes da música galega.
A “polca dos campaneiros” está extraída do álbum “As fadas de extraño nome” que foi gravado, na súa maioría, en directo en Arxentina e Galicia.