As obras musicais, normalmente, teñen unha organización interna en diferentes frases, temas ou fragmentos musicais. Existen algunhas formas "predefinidas" que gardan sempre unha secuencia de frases igual ou moi similar. Sen embargo, estas formas foron evolucionando a través do tempo; os compositores modificáronas para adaptalas ás súas necesidades e creativa ou ben rescataban formas que caeran no esquecemento.

A forma máis sinxela sería a que tivese un único tema que se repite (A A A ... ou A A´A´). Existen composicións con dous temas. Neste caso, o máis habitual é que sexan en forma de estrofa e retrouso (A B A B A B). A primeira adoita variar na letra mentres que o segundo soe ser sempre igual. Este tipo de composición é moi habitual na música popular e na tradicional. Un pouco máis complexas son as formas ternaria. Dentro deste grupo atopamos a forma lied que adoita colocar un tema contrastante entre o 1º tema e a súa repetición (A B A). A forma sonata sería tamén ternaria: exposición (A B) - desenvolvemento (con elementos de A e/ou B - reexposición (A B´).
Outra forma un pouco máis complicada sería o rondó que consiste en alternar temas contrastantes a un que se repite periodicamente (A B A C D A ou A B A C A B A).
Por último citaremos o tema con variacións que consiste nun tema inicial e outros temas que o modifican e o reinterpretan.

Isto dito así soa moi abstracto pero "véndoo" é bastante máis sinxelo. Vexamos pois:

musicograma rondo bach
Tomado da editorial Santillana

Outra posibilidade de composición é crear variacións a partir dun tema inicial. Escoitade uns exemplos:

A continuación tedes actividades relacionadas coa forma por se queredes ampliar os vosos coñecementos: