UNIDADE 1: LINGUAXE MUSICAL

Sitio: Aula Virtual do Sinde
Curso: Música 6º
Libro: UNIDADE 1: LINGUAXE MUSICAL
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 27 de decembro de 2025, 6:37 PM

Descrición

Explicacións teóricas da unidade 1

Existen numerosas formas de comunicarse, falando, con acenos, con sons,... Se, por exemplo, escoitades a sirena dunha ambulancia ou a alguén poñendo un dedo diante dos beizos sabedes o que significa. Todas as linguaxes teñen uns códigos e igual pasa coa linguaxe musical. Usamos símbolos, palabras e números para representar a música.

Os sons teñen diferentes calidades esenciais: a altura, a intensidade e a duración que se poden representar con signos. Outra calidade é o timbre que fai referencia á procedencia do son, é dicir, a quen emitiu ese son. O son é unha vibración que se transmite por un medio (aire, auga,...)

ondas sonoras

Fonte da imaxe: wikipedia

DATO CURIOSO: ¿Sabías que no espazo non hai son?


A ALTURA

Os sons poden ser máis agudos ou máis graves. Cantas máis veces “vibre” o emisor máis agudo será o son. Olla o que pasa coas cordas dunha guitarra:




Representamos a altura usando o pentagrama, as claves e as notas musicais. O pentagrama son cinco liñas nas que se sitúan as figuras musicais. En principio as liñas non teñen un nome predeterminado, para iso é preciso usar as distintas claves: Sol, Fa en 3ª e Fa en 4ª, Dó en 1ª, Dó en 2ª, Dó en 3ª e Dó en 4ª. Dependendo de que clave situemos cada liña e cada espazo terá o nome dunha das sete notas musicais. Mirade o exemplo:


Cando situamos a clave de Sol (que é a que usamos no cole) a 2ª liña chámase Sol e partindo desta podemos coñecer todas as demais.

clave de sol


Se colocásemos clave de Dó en 3ª, como o seu nome nos indica, a terceira liña sería Dó e a partir dela establécense as demais.

clave de do

Cando as notas son tan agudas ou graves que saen do pentagrama, usamos anacos de liña que chamamos liñas adicionais:

liñas adicionais

A DURACIÓN

Outra calidade do son que podemos representar é a duración. Para iso empregamos en primeiro lugar as figuras. Cada figura ten un silencio co mesmo valor e que, neste caso, representa a duración do silencio. No seguinte cadro podedes ver as equivalencias entre as figuras máis usadas e os seus silencios:

figuras e silencios

Relacionada coa duración está a velocidade. Se incrementamos a velocidade dunha melodía as duracións serán máis breves. Fixádevos no seguinte exemplo.


Para indicar a velocidade podemos empregar unhas palabras italianas. De máis lento a máis rápido temos:

  • Lento............ Moi a modo

  • Adagio.......... A modo

  • Andante........ Tranquilo

  • Allegro.......... Alegre

  • Presto........... Rápido

  • Prestíssimo.... Moi rápido

(Existen algunhas máis)

A velocidade pode variar pouco a pouco, para o que usamos as palabras accelerando (cada vez máis rápido) e rallentando ou ritardando (cada vez máis lento)

Outra forma de expresar é cunha indicación para o metrónomo. Consiste nunha figura e un número ou un rango numérico que nos indica cantas desas figuras entrarían nun minuto.

notación metronómica

No segundo caso nun minuto entrarían 60 negras, ou, o que é o mesmo, cada negra duraría un segundo. Para marcar o ritmo podemos usar un metrónomo. Hoxe en día xa existen aplicaciónmóbilesque realizan esa función.

apps



A INTENSIDADE

De sobra é sabido que existen sons fortes e sons suaves. En música, unha vez máis, empregamos termos italianos para indicar a forza do sonA continuación tedes unha listaxe con estas palabras e o seu significado;


Pianissimo

Music dynamic pianissimo.svg

Moi suave

Piano

Music dynamic piano.svg

Suave.

Mezzopiano

Music dynamic mezzo piano.svg

Medianamente débil. Literalmente, é a metade de suave quepiano.

Mezzoforte

Music dynamic mezzo forte.svg

Medianamente forte. Literalmente, é a metade de forte. Se non aparece algún indicador de dinámica entenderíase que hai que interpretar mezzoforte.

Forte

Music dynamic forte.svg

Forte.

Fortissimo

Music dynamic fortissimo.svg

Moi forte.

Sforzando

Music expression sforzando sf.svg oMusic expression sforzando sfz.svg

Reforzando o son.

(modificado da Wikipedia):


Ao igual que pasa na velocidade, na intensidade os cambios poden ser graduais. Para isto usamos as palabras crescendo ou aumentando diminuendo. Tamén se poden empregar uns símbolos chamado reguladores que son similares aos signos de maior e menor que.

partitura

Fonte da imaxe: Wikipedia

CLASIFICACIÓN DAS FAMILIAS INSTRUMENTAIS SEGUNDO HORNBOSTEL-SACHS

A chegada de novos instrumentos implicou que a clasificación tradicional en vento, corda e percusión quedara obsoleta. Había instrumentos que non tiñan cabida en ningunha das tres. Isto foi subsanado na clasificación de Hornbostel e Sachs. Dividiron os instrumentos en catro grupos principais: aerófonos, cordófonos, idiófonos e membranófonos. No grego, phonos significa son, polo tanto instrumentos que producen o son con aire, cunha ou varias cordas, co seu propio corpo (idio=propio) e cunha membrana respectivamente. Posteriormente engadiron os electrófonos, isto é, os que emiten son grazas á electricidade.

En cursos anteriores traballamos as catro primeiras familias polo que nesta ocasión centrarémonos nos electrófonos. Entran nesta categoría todos aqueles instrumentos que precisan de electricidade para producir o seu son. É habitual que estes instrumentos permitan modificar o seu son con sistemas externos ou que inclúe o propio instrumento.

Similar a isto son outros instrumentos que podemos incluír aquí, os sintetizadores. Normalmente estes aparellos posúen un teclado -non sempre- e permiten modificar o son axustando diversos parámetros de xeito que poden imitar a outros instrumentos ou crear timbres novos. Na aula de música temos un órgano eléctrico ou teclado electrónico que funciona de xeito similar coa excepción de que non podemos crear novos sons, só os que trae incorporados.

Hai uns anos, na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona crearon un sintetizador máis moderno, chamado Reactable. Como é un pouco complicado de explicar o seu funcionamento, mellor vémolo en acción:

Algúns deles son unha versión electrónica de instrumentos xa existentes como a guitarra eléctrica, a gaita midi, o violín eléctrico,... Outros son de nova creación como poden ser o Theremin (1919), o Órgano Hammond (1935) ou as ondas Martenot (1928).

THEREMIN

theremin

ONDAS MARTENOT

ondas martenot

SINTETIZADOR

sintetizador

Vexamos a continuación o exemplo de dous instrumentos eléctricos:

A tecnoloxía MIDI (Musical Instrument Digital Interface)

É unha tecnoloxía que permite conectar instrumentos entre si ou con computadoras. Por exemplo, sería posible conectar un ordenador a un órgano eléctrico é, usando un programa midi, facer que a música que escribimos no ordenador sexa interpretada polo instrumento.

logo musescore

Nos portátiles tedes o programa Musescore que permite escribir e escoitar música usando a linguaxe musical.

Todos estes avances permitiron aos compositores incluír estes novos instrumentos nalgunhas das súas composicións e, polo tanto, dotalas dun carácter innovador. Porén existen formas de anovar empregando instrumentos tradicionais...

... tocando unha guitarra como cordófono... e como idiófono!

...ou inventando novos instrumentos con materiais que a priori parecen pouco musicais como poderían ser uns balóns. Fixádevos o que inventaron Les luthiers:

Imaxes tomadas de Wikipedia e Wikicommons.

Dentro da música ocupa un lugar moi destacado a voz humana. Na idade media as composicións relixiosas non permitían o uso de instrumentos, só permitían voces masculinas. Ao inicio era unha única melodía, co paso dos anos (séculos) engadiron unha segunda voz, e logo (moitos anos despois) unha terceira e unha cuarta... Moito tempo despois admitiron os instrumentos e incluso as voces femininas. Pero a voz non só é importante na música sacra, na música popular e na culta son innumerables as creacións para voz,tanto soa como conxuntamente con un ou varios instrumentos.

Pero vaiamos paso a paso, primeiro vamos a ver nun "notebook" como emitimos sons e como os percibimos:


A continuación será ben lembrar os tipos de voces:


+ Aguda FEMININAS
MARIA CALLAS

Soprano

(Mezzosoprano)

Contralto





+ Grave
MASCULINAS
PLÁCIDO DOMINGO
Tenor

(Barítono)

Baixo
Exemplo 1

Exemplo 2

Quen diriades que canta no 2º exemplo? Unha muller ou un home?
En realidade nese cadro non están todas as voces porque existe algunha que non está recollida. Lembremos que ao inicio non se permitía ás mulleres participar en determinadas actividades musicais. As voces máis agudas interpretábanas os castrati que eran homes que mantiñan a súa voz infantil e, polo tanto, o rexistro agudo. Adiviñades por que se chamaban así?
Hoxe en día eses papeis son interpretado por contratenores, homes que, grazas á súa técnica vocal, cantan en falsete nun rexistro feminino, normalmente o de contralto. Agora podedes escoitar e ver o exemplo 2:


Como diciamos máis arriba, os primeiros cantos relixiosos do gregoriano eran a unha soa voz, un montón de monxes para facer algo que podería facer unha soa persoa. Isto é o que se coñece como monodia. Pero... e ao revés, podería unha soa persoa facer varias voces? E dicir, podería unha persoa cantar dúas melodías ao mesmo tempo? Que opinades...

Imos a pola resposta.


Cando falamos de música vocal, podemos referinos á música interpretada exclusivamente por voces, denominada música "a capella" ou á música interpretada por voces e instrumentos á vez, é dicir, música vocal con acompañamento instrumental. En ambos casos, as voces poden agruparse de moi diversas formas e en diferente número. Dependendo disto podemos distinguir entre solistas, pequenas agrupacións e coros.

  1. Cantante Solista: É a formación vocal máis sinxela, representada por unha soa voz. Con frecuencia, a voz solista aparece acompañada por algún instrumento, por exemplo, o piano ou a guitarra, ou incluso por unha orquestra completa.


  1. Pequenas agrupacións:

       
    • Dúo: Intervención de dúas voces nunha mesma obra musical. As voces poden ser iguais ou distintas.



       

    • Trío: Composto por tres voces. Tamén poden ser iguais ou distintas.
    • Cuarteto: Formado por catro voces, iguais ou diferentes. A formación máis frecuente é o denominado "cuarteto mixto", composto polas voces extremas de muller e de home: soprano, contralto, tenor e baixo.


    1. Octeto: É un cuarteto mixto dobre. Está composto por oito voces: dúas sopranos, dúas contraltos, dous tenores e dous baixos.

  2. Coros: Chamamos coro á agrupación de numerosas voces. Segundo o tipo de voces que interveñan os coros poden ser:

    1. Coro mixto a catro voces: composto por sopranos, contraltos, tenores e baixos.



      Coro mixto a seis voces: composto por todas as voces de muller e de home, sopranos mezzosopranos, contraltos, tenores, barítonos e baixos.
      Coro de voces iguais: pode estar composto por voces masculinas, voces femininas ou voces infantís. O coro de voces brancas coñécese como escolanía.
       

    A textura musical designa a forma de relacionarse as diversas voces que interveñen nunha peza musical (entendendo como voces diversas liñas melódicas simultáneas, sexan vocais ou instrumentais). As principais texturas musicais son:

  • Monodia: unha soa liña melódica, sen acompañamento algún. Todas as voces e instrumentos cantan ou tocan exactamente a mesma melodía, ao unísono ou en octavas. Exemplo: Tres pezas para clarinete (I. Stravinsky).

  • Heterofonía: soan simultaneamente diversas variantes ornamentais dunha mesma liña melódica. É habitual na música folclórica.

  • Homofonía: as diversas voces móvense simultneamente cos mesmos valores rítmicos pero con diversas notas, formando acordes sucesivos. Exemplos: motete Taedet animam meam de Tomás Luis de Victoria, Ave verum corpus de Mozart, o la mayor parte de los corales a cuatro voces de Bach. (Arias e coros da Pasión según San Mateo, bwv 244 (1) de J. S. Bach)


  • Polifonía: soan simultaneamente varias voces independentes, de importancia similar e ritmos diversos. Se as voces se imitan unhas a outras (isto é, cantan ou tocan melodías similares pero con retraso unhas respecto a outras) falaremos de polifonía imitativa. Un caso estricto de polifonía imitativa é o canon. Exemplo.: motete Versa est in luctum, de Alonso Lobo ou Canon de Pachelbel.

  • Melodía acompañada: unha líña melódica principal é acompañada por voces e/ou instrumentos que executan melodías ou acordes de importancia menor. Son exemplo desta textura case todas as cancións populares (rock, pop...) ou o repertorio flamenco.

As obras musicais, normalmente, teñen unha organización interna en diferentes frases, temas ou fragmentos musicais. Existen algunhas formas "predefinidas" que gardan sempre unha secuencia de frases igual ou moi similar. Sen embargo, estas formas foron evolucionando a través do tempo; os compositores modificáronas para adaptalas ás súas necesidades e creativa ou ben rescataban formas que caeran no esquecemento.

A forma máis sinxela sería a que tivese un único tema que se repite (A A A ... ou A A´A´). Existen composicións con dous temas. Neste caso, o máis habitual é que sexan en forma de estrofa e retrouso (A B A B A B). A primeira adoita variar na letra mentres que o segundo soe ser sempre igual. Este tipo de composición é moi habitual na música popular e na tradicional. Un pouco máis complexas son as formas ternaria. Dentro deste grupo atopamos a forma lied que adoita colocar un tema contrastante entre o 1º tema e a súa repetición (A B A). A forma sonata sería tamén ternaria: exposición (A B) - desenvolvemento (con elementos de A e/ou B - reexposición (A B´).
Outra forma un pouco máis complicada sería o rondó que consiste en alternar temas contrastantes a un que se repite periodicamente (A B A C D A ou A B A C A B A).
Por último citaremos o tema con variacións que consiste nun tema inicial e outros temas que o modifican e o reinterpretan.

Isto dito así soa moi abstracto pero "véndoo" é bastante máis sinxelo. Vexamos pois:

musicograma rondo bach
Tomado da editorial Santillana

Outra posibilidade de composición é crear variacións a partir dun tema inicial. Escoitade uns exemplos:

A continuación tedes actividades relacionadas coa forma por se queredes ampliar os vosos coñecementos:

A continuación relatamos unhas características moi xerais dos 5 últimos grandes períodos da música culta:

Barroco (aproximadamente desde 1600 ata 1750)

Uso do contrapunto. Hai dúas ou máis melodías que se entrelazan harmonicamente.
Predomina a música homofónica, é dicir, unha voz principal máis outras que a acompañan cun ritmo igual ou similar.Para isto naceu o baixo cifrado que consiste nunhas cifras que indican os acordes que se deben empregar no acompañamento.
Ritmo reiterativo e marcado.
Aparece o sistema temperado que permite afianzar a tonalidade que seguimos a empregar hoxe en día.
Hai música sacra pero predomina a profana.
Os compositores practican todos os xéneros da época e normalmente dependen dun mecenas, persoa nobre que o contrata para que compoña para el,dirixa a orquestra, o coro,...
Nace a orquestra e a música dramática:ópera, cantata,...

Escoitade a continuación a Haendel, un dos máis destacados compositores do Barroco:


Aínda que a música do Barroco vos pareza algo moi afastado a vós, a realidade é que a música clásica en xeral condicionou a evolución do resto das músicas e polo tanto tamén das populares. Pero, ademais da evolución de toda a música, nalgunhas ocasións artistas actuais empregan fragmentos de música clásica nas súas composicións. Fixádevos:

Orixinal:
Air de J. S. Bach
Moderna
Everything gonna be alright

Clasicismo (aproximadamente desde 1750 ata 1800)
Os compositores buscan a beleza nas súas composición a través do equilibrio formal.
Emprego da melodía acompañada, unha melodía destaca claramente sobre o acompañamento. Deixan de usar o baixo continuo.
Estilo alegre e brillante.
Formas claras con frases simétricas de pregunta-resposta e moi fáciles de memorizar.
Ritmo regular e harmonía sinxela.
Predominio da música instrumental.

A continuación podedes escoitar a Mozart, un dos grandes xenios da música e máximo representante do clasicismo musical.

Romanticismo
(aproximadamente desde 1800 ata 1900)
Menor preocupación pola perfección na forma e máis pola expresividade e a expresión dos sentimentos.
Ritmos máis complexos e libres.
Harmonía máis complexa que no clasicismo.
Busca de inspiración nos folclores.
Adquire gran protagonismo o piano e a orquestra amplía o número de instrumentos.
Empregan formas menores como o preludio, a bagatela, o lied, impromptu,...

Son innumerables os compositores románticos pero sen dúbidas Beethoven é un dos xenios da música de tódolos tempos.

Século XX
Durante o século XX existiu grande cantidade de movementos artísticos dentro da música: jazz, música electrónica, neoclasicismo,... A continuación expóñense as características principais do impresionismo e do dodecafonismo:
Impresionismo
Características do impresionismo musical
A natureza como fonte de inspiración.
Desaparece o uso da melodía lineal para usar sucesións de acordes.
Buscan o colorido orquestral mediante o uso de harmonías e escalas novas e orquestracións atípicas.
Buscan o pracer do son como fin último da obra musical.
Formas vagas e imprecisas pero cunha estrutura moi traballada.
Como exemplo podedes escoitar o Claro de lúa de Claude Debussy.

Dodecafonismo
Uso por igual de consonancias e disonancias, é dicir, acordes que "soan ben" e acordes que "soan mal".
Ritmo complexo e irregular.
Na orquestra adquiren gran importancia os instrumentos de percusión.
Dan gran importancia á forma e non pretenden expresar nada.
Desaparece o concepto de tonalidade no que unha nota ten maior importancia que o resto.
No dodecafonismo empregan unha serie de doce notas a partir das cales forman as melodías e os acordes.

No século XX moitas persoas compositoras buscaron a forma de facer cousas novas, é dicir de innovar. John Cage tivo unha orixinal idea de amosar que "Todo o que facemos é música":
A obra, en realidade non está formada polo silencio senon polos sons do ambiente que se producen de forma natural na contorna e entre o público (igual que pasou ao escoitala na clase). Na estrea da obra púidose escoitar, entre outras cousas, o vento, a chuvia ou pasos de xente que marchaba.

Unha das razóns que o animou a crear esta peza foi un experimento. Entrou nunha cámara anecoica, una habitación pensada para non ter sons externos. Alí, o músico sorprendeuse de escoitar dous sons, un agudo e outro grave, cando pensou que estaba experimentando o silencio absoluto. O enxeñeiro explicoulle que o primeiro era o seu sistema nervioso e o segundo a súa circulación sanguínea. A outra razón, 
coñecer as pinturas completamente brancas e negras de Rauschenberg:

Para innovar foi de axuda a electricidade, que permitiu a creación de novos instrumentos (electrófonos). Pero non se quedaron aquí, empregaron outros "instrumentos", mirade:

Igual de aquí saíron Mayumaná

LIÑA DO TEMPO
Resumo das datas anteriores de forma máis gráfica: