Cando falamos de música vocal, podemos referinos á música interpretada exclusivamente por voces, denominada música "a capella" ou á música interpretada por voces e instrumentos á vez, é dicir, música vocal con acompañamento instrumental. En ambos casos, as voces poden agruparse de moi diversas formas e en diferente número. Dependendo disto podemos distinguir entre solistas, pequenas agrupacións e coros.

  1. Cantante Solista: É a formación vocal máis sinxela, representada por unha soa voz. Con frecuencia, a voz solista aparece acompañada por algún instrumento, por exemplo, o piano ou a guitarra, ou incluso por unha orquestra completa.

  • Pequenas agrupacións:

    • Dúo: Intervención de dúas voces nunha mesma obra musical. As voces poden ser iguais ou distintas.
          
    • Trío: Composto por tres voces. Tamén poden ser iguais ou distintas.
    • Cuarteto: Formado por catro voces, iguais ou diferentes. A formación máis frecuente é o denominado "cuarteto mixto", composto polas voces extremas de muller e de home: soprano, contralto, tenor e baixo.
    • Octeto: É un cuarteto mixto dobre. Está composto por oito voces: dúas sopranos, dúas contraltos, dous tenores e dous baixos.

Coros: Chamamos coro á agrupación de numerosas voces. Segundo o tipo de voces que interveñan os coros poden ser:

    • Coro mixto a catro voces: composto por sopranos, contraltos, tenores e baixos.
    • Coro mixto a seis voces: composto por todas as voces de muller e de home, sopranos mezzosopranos, contraltos, tenores, barítonos e baixos.
      Coro de voces iguais: pode estar composto por voces masculinas, voces femininas ou voces infantís. O coro de voces brancas coñécese como escolanía.