A continuación relatamos unhas características moi xerais dos 5 últimos grandes períodos da música culta:

Barroco (aproximadamente desde 1600 ata 1750)

Uso do contrapunto. Hai dúas ou máis melodías que se entrelazan harmonicamente.
Predomina a música homofónica, é dicir, unha voz principal máis outras que a acompañan cun ritmo igual ou similar.Para isto naceu o baixo cifrado que consiste nunhas cifras que indican os acordes que se deben empregar no acompañamento.
Ritmo reiterativo e marcado.
Aparece o sistema temperado que permite afianzar a tonalidade que seguimos a empregar hoxe en día.
Hai música sacra pero predomina a profana.
Os compositores practican todos os xéneros da época e normalmente dependen dun mecenas, persoa nobre que o contrata para que compoña para el,dirixa a orquestra, o coro,...
Nace a orquestra e a música dramática:ópera, cantata,...

Escoitade a continuación a Haendel, un dos máis destacados compositores do Barroco:


Aínda que a música do Barroco vos pareza algo moi afastado a vós, a realidade é que a música clásica en xeral condicionou a evolución do resto das músicas e polo tanto tamén das populares. Pero, ademais da evolución de toda a música, nalgunhas ocasións artistas actuais empregan fragmentos de música clásica nas súas composicións. Fixádevos:

Orixinal:
Air de J. S. Bach
Moderna
Everything gonna be alright

Clasicismo (aproximadamente desde 1750 ata 1800)
Os compositores buscan a beleza nas súas composición a través do equilibrio formal.
Emprego da melodía acompañada, unha melodía destaca claramente sobre o acompañamento. Deixan de usar o baixo continuo.
Estilo alegre e brillante.
Formas claras con frases simétricas de pregunta-resposta e moi fáciles de memorizar.
Ritmo regular e harmonía sinxela.
Predominio da música instrumental.

A continuación podedes escoitar a Mozart, un dos grandes xenios da música e máximo representante do clasicismo musical.

Romanticismo
(aproximadamente desde 1800 ata 1900)
Menor preocupación pola perfección na forma e máis pola expresividade e a expresión dos sentimentos.
Ritmos máis complexos e libres.
Harmonía máis complexa que no clasicismo.
Busca de inspiración nos folclores.
Adquire gran protagonismo o piano e a orquestra amplía o número de instrumentos.
Empregan formas menores como o preludio, a bagatela, o lied, impromptu,...

Son innumerables os compositores románticos pero sen dúbidas Beethoven é un dos xenios da música de tódolos tempos.

Século XX
Durante o século XX existiu grande cantidade de movementos artísticos dentro da música: jazz, música electrónica, neoclasicismo,... A continuación expóñense as características principais do impresionismo e do dodecafonismo:
Impresionismo
Características do impresionismo musical
A natureza como fonte de inspiración.
Desaparece o uso da melodía lineal para usar sucesións de acordes.
Buscan o colorido orquestral mediante o uso de harmonías e escalas novas e orquestracións atípicas.
Buscan o pracer do son como fin último da obra musical.
Formas vagas e imprecisas pero cunha estrutura moi traballada.
Como exemplo podedes escoitar o Claro de lúa de Claude Debussy.

Dodecafonismo
Uso por igual de consonancias e disonancias, é dicir, acordes que "soan ben" e acordes que "soan mal".
Ritmo complexo e irregular.
Na orquestra adquiren gran importancia os instrumentos de percusión.
Dan gran importancia á forma e non pretenden expresar nada.
Desaparece o concepto de tonalidade no que unha nota ten maior importancia que o resto.
No dodecafonismo empregan unha serie de doce notas a partir das cales forman as melodías e os acordes.

No século XX moitas persoas compositoras buscaron a forma de facer cousas novas, é dicir de innovar. John Cage tivo unha orixinal idea de amosar que "Todo o que facemos é música":
A obra, en realidade non está formada polo silencio senon polos sons do ambiente que se producen de forma natural na contorna e entre o público (igual que pasou ao escoitala na clase). Na estrea da obra púidose escoitar, entre outras cousas, o vento, a chuvia ou pasos de xente que marchaba.

Unha das razóns que o animou a crear esta peza foi un experimento. Entrou nunha cámara anecoica, una habitación pensada para non ter sons externos. Alí, o músico sorprendeuse de escoitar dous sons, un agudo e outro grave, cando pensou que estaba experimentando o silencio absoluto. O enxeñeiro explicoulle que o primeiro era o seu sistema nervioso e o segundo a súa circulación sanguínea. A outra razón, 
coñecer as pinturas completamente brancas e negras de Rauschenberg:

Para innovar foi de axuda a electricidade, que permitiu a creación de novos instrumentos (electrófonos). Pero non se quedaron aquí, empregaron outros "instrumentos", mirade:

Igual de aquí saíron Mayumaná

LIÑA DO TEMPO
Resumo das datas anteriores de forma máis gráfica: