CLASIFICACIÓN DAS FAMILIAS INSTRUMENTAIS SEGUNDO HORNBOSTEL-SACHS

A chegada de novos instrumentos implicou que a clasificación tradicional en vento, corda e percusión quedara obsoleta. Había instrumentos que non tiñan cabida en ningunha das tres. Isto foi subsanado na clasificación de Hornbostel e Sachs. Dividiron os instrumentos en catro grupos principais: aerófonos, cordófonos, idiófonos e membranófonos. No grego, phonos significa son, polo tanto instrumentos que producen o son con aire, cunha ou varias cordas, co seu propio corpo (idio=propio) e cunha membrana respectivamente. Posteriormente engadiron os electrófonos, isto é, os que emiten son grazas á electricidade.

En cursos anteriores traballamos as catro primeiras familias polo que nesta ocasión centrarémonos nos electrófonos. Entran nesta categoría todos aqueles instrumentos que precisan de electricidade para producir o seu son. É habitual que estes instrumentos permitan modificar o seu son con sistemas externos ou que inclúe o propio instrumento.

Similar a isto son outros instrumentos que podemos incluír aquí, os sintetizadores. Normalmente estes aparellos posúen un teclado -non sempre- e permiten modificar o son axustando diversos parámetros de xeito que poden imitar a outros instrumentos ou crear timbres novos. Na aula de música temos un órgano eléctrico ou teclado electrónico que funciona de xeito similar coa excepción de que non podemos crear novos sons, só os que trae incorporados.

Hai uns anos, na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona crearon un sintetizador máis moderno, chamado Reactable. Como é un pouco complicado de explicar o seu funcionamento, mellor vémolo en acción:

Algúns deles son unha versión electrónica de instrumentos xa existentes como a guitarra eléctrica, a gaita midi, o violín eléctrico,... Outros son de nova creación como poden ser o Theremin (1919), o Órgano Hammond (1935) ou as ondas Martenot (1928).

THEREMIN

theremin

ONDAS MARTENOT

ondas martenot

SINTETIZADOR

sintetizador

Vexamos a continuación o exemplo de dous instrumentos eléctricos:

A tecnoloxía MIDI (Musical Instrument Digital Interface)

É unha tecnoloxía que permite conectar instrumentos entre si ou con computadoras. Por exemplo, sería posible conectar un ordenador a un órgano eléctrico é, usando un programa midi, facer que a música que escribimos no ordenador sexa interpretada polo instrumento.

logo musescore

Nos portátiles tedes o programa Musescore que permite escribir e escoitar música usando a linguaxe musical.

Todos estes avances permitiron aos compositores incluír estes novos instrumentos nalgunhas das súas composicións e, polo tanto, dotalas dun carácter innovador. Porén existen formas de anovar empregando instrumentos tradicionais...

... tocando unha guitarra como cordófono... e como idiófono!

...ou inventando novos instrumentos con materiais que a priori parecen pouco musicais como poderían ser uns balóns. Fixádevos o que inventaron Les luthiers:

Imaxes tomadas de Wikipedia e Wikicommons.