3. PROCESO

Realizaremos este traballo en grupos de 3 persoas. As actividades a desenvolver son:

1.- A SÚA HISTORIA.

Estaría ben comezar por coñecer datos relevantes sobre Tanxugueiras. Para iso debedes contestar ás seguintes preguntas:

  • En que ano crearon o grupo?
  • Como se chaman as súas compoñentes?
  • Como empezaron na música?
  • Cantos discos publicaron? Cita algúns deles.
  • Que premios lles concederon e cando?
  • Cita algúns artistas ou agrupacións coas que teñan colaborado?
  • Que músicos as acompañan no escenario actualmente?

Coas respostas creade un pequeno documento de texto a modo de biografía. Podedes incluír algún dato que consideres importante aínda que non apareza nas preguntas. Valorarase o deseño atractivo. Podedes incluír fotos e enlaces.

Subide o texto creado no seguinte enlace: (debedes acceder co voso nome de usuari@)

Subida de arquivo

2.- UN CONCERTO:Agora tedes que entrar na seguinte ligazón (botón dereito -> abrir en nova pestana/lapela) e escoitar a canción en directo:

Despois facede unha descripción da música. Podedes falar de aspectos musicais (ritmo, velocidade, xénero, instrumentos, ...) e tamén de aspectos subxectivos, é dicir, se vos gusta ou non, que sensacións vos transmite (alegría, tristura, ...)Subide o texto creado no seguinte enderezo: (debedes acceder co voso nome de usuari@)

Subir arquivo