Webquest: Tanxugueiras

Sitio: Aula Virtual do Sinde
Curso: Música 5º
Libro: Webquest: Tanxugueiras
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 27 de decembro de 2025, 9:12 AM

Descrición

Tarefa

Imos a investigar sobre as Tanxugueiras, un dos grupos máis de moda do folk galego. Procuraremos información sobre a súa historia, a súa música e os instrumentos que empregan.

1. INTRODUCIÓN

Imos a achegarnos ao grupo galego de música folk, Tanxugueiras. O obxectivo é coñecer un pouco máis a súa historia, as compoñentes, os logros e sobre todo a súa obra e os instrumentos que empregan para interpretala.

Ánimo!

undefined

Fotografía De dr_zoidberg - Tanxugueiras, CC BY-SA 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=122729658

2. TAREFA

Imos a investigar sobre as Tanxugueiras, un dos grupos máis de moda do folk galego. Procuraremos información sobre a súa historia, a súa música e os instrumentos que empregan.

Caminos de la Música: Ya disponible desde el viernes 22 de noviembre ...

Tomado de caminos-de-la-musica.blogspot.com

3. PROCESO

Realizaremos este traballo en grupos de 3 persoas. As actividades a desenvolver son:

1.- A SÚA HISTORIA.

Estaría ben comezar por coñecer datos relevantes sobre Tanxugueiras. Para iso debedes contestar ás seguintes preguntas:

  • En que ano crearon o grupo?
  • Como se chaman as súas compoñentes?
  • Como empezaron na música?
  • Cantos discos publicaron? Cita algúns deles.
  • Que premios lles concederon e cando?
  • Cita algúns artistas ou agrupacións coas que teñan colaborado?
  • Que músicos as acompañan no escenario actualmente?

Coas respostas creade un pequeno documento de texto a modo de biografía. Podedes incluír algún dato que consideres importante aínda que non apareza nas preguntas. Valorarase o deseño atractivo. Podedes incluír fotos e enlaces.

Subide o texto creado no seguinte enlace: (debedes acceder co voso nome de usuari@)

Subida de arquivo

2.- UN CONCERTO:Agora tedes que entrar na seguinte ligazón (botón dereito -> abrir en nova pestana/lapela) e escoitar a canción en directo:

Despois facede unha descripción da música. Podedes falar de aspectos musicais (ritmo, velocidade, xénero, instrumentos, ...) e tamén de aspectos subxectivos, é dicir, se vos gusta ou non, que sensacións vos transmite (alegría, tristura, ...)Subide o texto creado no seguinte enderezo: (debedes acceder co voso nome de usuari@)

Subir arquivo

4. RECURSOS

Nalgúns dos seguintes enlaces teredes os recursos precisos para elaborar esta webquest. Outros non vos serán de moita utilidade:

    5. AVALIACIÓN

     

     

    TAREFAS

    PUNTUACIÓN

    TOTAL

    1.A HISTORIA:

    Cuestións plantexadas.

    (Escolla a puntuación máis axeitada)

    Responden todas mal ou non responde ningunha pregunta

    (0 puntos)

    Responden axeitadamente entre 1 e 3 cuestións

    (1 punto)

    Responden ben 4 ou 5 preguntas

    (2 puntos)

    Responden correctamente todas as cuestións

    (2,5 puntos)

    (max. 2,5)

    1.B HISTORIA:

    Formato

    (Puntuacións acumulativas)

    Non contén erros ortográficos

    (+ 0,75 puntos)

    Ten unha estrutura axeitada.

    (+ 0,75 puntos)

    Posúe un deseño atractivo

    (+ 0,5 puntos)

    (max. 2)

    2.A O CONCERTO

    Información

    (Escolla a definición máis axeitada)

    A información non é correcta

    (0 puntos)

    Ofrece datos sobre o carácter da música

    (1 punto)

    Ofrece datos sobre as sensacións que esperta a audición

    (1 punto)

    Ofrece datos sobre os dous apartados anteriores

    (2,5 puntos)

    (max. 2,5)

    2.B CONCERTO:

    Elabora un texto a partir da análise dun vídeo.

    (Puntuacións acumulativas)

    Non contén erros ortográficos

    (+0.75 puntos)

    Ten unha estrutura axeitada

    (+0.75 puntos)

    Posúe un deseño atractivo

    (+0,5 puntos)

    (max. 2)

    Traballo en equipo

    Valorarase a capacidade de negociar e acadar acordos, colaborar, traballar en equipo e respecto cara as opinións dos demais.

    (até 1 punto)

    (max. 1)

     

    Puntuación final da webquest

     

    (max. 10)

     

    6. CONCLUSIÓN

    Con esta webquest achegámonos a un dos grupos máis importantes da música folk galega dos últimos tempos. Tamén nos serviu para achegarnos á música tradicional. Oxalá esta webquest consiga espertar a túa afección pola música tradicional galega e outras que se inspiran nela.

    Pandereta gallega acero - Mundofolklore.es

    Imaxe tomada de mundofolklore.es