Por se o que acabamos de ver non nos dera variedade abondo, podemos mesturar voces e instrumentos para obter innumerables agrupacións. Sería imposible facer unha listaxe detallada de todas as posibilidades. Veremos tres exemplos:

O primeiro é un dos máis sinxelos, un dúo composto por unha voz e un instrumento, neste caso o piano.

A segunda é un cuarteto. Está formado por dúas voces -unha feminina e outra masculina- e dous instrumentos -acordeón e guitarra-.

Por último unha das máis numerosas que se poden ver, unha orquestra sinfónica acompañando a dous coros -o Coro de RTVE e o Coro de nenos/as da Comunidade de Madrid-. E ademais inclúe a dous solistas, unha soprano e un barítono.