Agrupacións musicais
| Sitio: | Aula Virtual do Sinde |
| Curso: | Música 5º |
| Libro: | Agrupacións musicais |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | sábado, 27 de decembro de 2025, 7:26 AM |
Descrición
Apuntamentos sobre a unidade didáctica
Nesta unidade imos a lembrar as familias de instrumentos, os tipos de voces e como se poden agrupar.

By Ministerio de Cultura de la Nación [CC BY-SA 2.0 (https://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0)], via Wikimedia Commons
Vexamos a continuación como podemos clasificar os instrumentos en diversas familias.

FAMILIAS INSTRUMENTAIS
Como xa sabedes, os instrumentos pódense agrupar por familias. A forma tradicional de agrupalos é:
- Instrumentos de corda: o son é producido pola vibración dunha corda. Na orquestra temos, de agudo a grave, violín, viola, violonchelo e contrabaixo, que adoitan ser fretados cun arco aínda que tamén se poden pulsar cos dedos, o que chamamos pizzicato. De corda pulsada destacan a guitarra ou a arpa pero existen outros moitos como a mandolina, laúde, ukelele,... Por último están os de corda percutida. Neste grupo atopamos principalmente o piano.
- Instrumentos de vento: emiten son grazas a unha columna de aire. Dividímolos en dúas familias. Vento metal e vento madeira.
- Os da primeira familia producen o son grazas á vibración dos beizos sobre unha boquilla en forma de embude. Os máis nomeados son a trompeta, a trompa, o trombón e a tuba.

-
- O resto considéranse de madeira. As embocaduras poden ser de bisel coma na frauta, con lingüeta simple coma no clarinete ou saxofón, ou de lingüeta dobre como son os casos do óboe, corno inglés ou fagot ou tamén a gaita na música tradicional.

- Instrumentos de percusión: Producen sons ao seren golpeados. Podemos distinguir entre os que emiten sons afinados, por exemplo o xilófono ou o timbal, e os que emiten sons de altura indeterminada coma a pandeireta ou o tambor.
REFLEXIÓN
|
Pero... Consideras que a clasificación tradicional de instrumentos abarca a todos os que existen hoxe en día? |
CLASIFICACIÓN DE HORNBOSTEL-SACHS
Como xa vistes, o sistema tradicional de clasificación de instrumentos é mellorable. Hoxe en día adoita usarse o creado por Erich Moritz vo Hornbostel e Curt Sachs, coñecido por Hornbostel-Sachs. Este sistema agrupa os instrumentos en catro familias:
- Idiófonos: o son é producido pola vibración do corpo do instrumento. Nesta familia entrarían moitos dos da percusión como poden ser xilófono,claves, güiro, ferriños, maracas,...
- Membranófonos: unha membrana ou parche é a responsable da produción do son. Nesta familia están, entre outros moitos, timbal, caixa, bombo,...
- Cordófonos: estes instrumentos emiten sons pola vibración dunha corda. Correspóndense cos instrumentos de corda.
- Aerófonos: o son débese á vibración do aire. Neste grupo entran todos os da familia do vento na clasificación clásica.
Os instrumentos agrúpanse en grupos máis pequenos dentro de cada familia mais non imos adentrarnos nesta cuestión. Aínda existen instrumentos hoxe en día que non entran en ningunha das familias anteriores. Trátase daqueles instrumentos que empregan dispositivos electrónicos para a creación do son, por exemplo os sintetizadores, e os que levan de apelido "eléctrico" como órgano, gaita, guitarra ou violíneléctrico. Para isto creouse un novo grupo que se coñece co nome de electrófonos.
Aínda que tamén existen pezas para un intérprete só, é moi habitual que os músicos se xunten entre si formando diversidade de agrupacións. O número de compoñentes é moi variable, desde dúas persoas ata as orquestras de gran cantidade de instrumentos. Veremos a continuación dous tipos globais de agrupacións, as de cámara e as grandes agrupacións.

AGRUPACIÓNS DE CÁMARA
A palabra camera fai referencia a unha habitación en italiano. Polo tanto a música de cámara era aquela que estaba pensada para interpretar nunha estancia, ao principio das vivendas do nobres. A música de cámara ten dúas característica principais:
- Os intérpretes e as intérpretes colócanse de xeito que se ollan entre si o que permite que non sexa necesaria a existencia dunha persoa directora.
- Cada músico interpreta unha parte diferente, é dicir, non é habitual que se dupliquen as voces.
A forma máis sinxela de poder gozar da música en directo sería cunha única persoa, o que chamamos solista. Un instrumento que se adapta á perfección a isto é o piano pois permite interpretar a melodía e o acompañamento ao mesmo tempo. Vexamos:
"Vexamos" agora unha composición para piano de Robert Schumann:
Existen innumerables variedades de agrupacións. Podemos clasificalas en función de diversos criterios:
- Segundo o número de compoñentes: dúo, trío, cuarteto, quinteto,.... ata chegar ao coro de cámara -entre 5 e 15 cantantes- e á orquestra de cámara que habitualmente non pasa de 20 persoas. A pesar do que dixemos antes, o piano tamén se usa moitísimo para acompañar outros instrumentos e incluso o poden tocar dúas persoas ao mesmo tempo como no exemplo que tedes de seguido. Isto chámase piano a catro mans:
dúo de pianistas
- Segundo a familia: poden ser instrumentos da mesma familia (ex: cuarteto de corda) ou de distinta (ex. clarinete e piano)
- Tamén se poden dar agrupacións só instrumentais (ex: cuarteto de clarinetes), só vocais (ex: cuarteto vocal) e mixtos (dúo soprano e piano).
|
Exercicio por parellas: |
|
Que tipos de agrupación vindes de ver? Que instrumentos forman a terceira? Clasifícaos por familias (clasificación tradicional) |
AS ORQUESTRAS
| Buscade información sobre os instrumentos máis habituais nas orquestras e facede unha listaxe cos mesmos agrupados por familias. |
Agora imos a escoitar a Guía de orquestra para mozos.
Vexamos unha orquestra
| E agora... Sodes quen de recoñecer que familia destaca nos seguintes fragmentos? Ficha 2 Exercicio 2: |
CLASIFICACIÓN DAS VOCES
Adoitamos clasificar as voces en función da tesitura que abarcan. A tesitura son os sons con calidade musical que unha persoa pode emitir, desde a máis grave ata a máis aguda ou viceversa. As mulleres teñen unha voz máis aguda que os homes.
- VOCES FEMININAS: Desde a máis aguda ata a máis grave son: soprano, mezzosoprano e contralto.
- VOCES MASCULINAS: Nos homes as voces son: tenor, barítono e baixo. Normalmente o barítono adoita representar papeis de malvado ou home poderoso nas óperas ou nos teatros musicais. Existe un tipo de voz masculina, chamada contratenor, que emite sons similares aos do canto feminino.
- VOCES BRANCAS: As nenas e os nenos, antes da puberdade, teñen voces moi agudas, porén a súa tesitura é relativamente curta. En ocasións catalóganse as voces brancas do mesmo xeito que as femininas, isto é en soprano, mezzosoprano e contralto. A medida que van medrando a voz faise máis grave e na puberdade dáse a chamada mutación na que desaparece a voz infantil. Este cambio é máis notable nos nenos.
Igual que os instrumentos, as voces pódense xuntar, tanto en pequenos grupos como en grandes agrupacións.

As voces pódense unir do mesmo xeito que fan os instrumentos. Podemos, polo tanto, falar de voz solista a capella, que sería unha persoa cantando soa sen acompañamento instrumental, de dúos, tríos, cuartetos,...
Vexamos a continuación un quinteto un tanto especial posto que son catro voces á que lle engaden outra persoa facendo ritmo coa boca, o coñecido como beatbox.
O coro está composto por diferentes tipos de voces, agrupadas en cordas. Como xa dixemos, en función do rexistro ou tesitura existen as seguintes voces: soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono (moitas veces canta a mesma voz que os baixos) e baixo. Os coros compóñense habitualmente de catro cordas: sopranos, contraltos, tenores e baixos polo que as mezzosoprano cantan no grupo das contralto e os barítonos fan o propio cos baixos. Cada corda adoita ter unha liña melódica propia.
Disposición dos coros
A elección da disposición dos coros depende do espazo dispoñible, da acústica e sobre todo polo número de integrantes de cada corda.
En xeral adóitanse colocar as voces máis agudas -mulleres, nenas e nenos- adiante e as graves -homes- máis atrás, estando estas máis altas.
Clasificación dos coros
Polo criterio de instrumentalidade.
- Coro a cappella: cando canta sen acompañamiento instrumental.
- Coro concertante: cando o coro canta con acompañamento instrumental.
Polo criterio de timbre e tesitura.
- Coro de voces iguais: cando conteñen voces da mesma natureza, voces brancas, voces femininas ou voces masculinas. Poden cantar a varias voces ou ao unísono como pasaría en coros de música gregoriana. As escolanías son coros de nenas e nenos ( voces brancas) dividido en sopranos e contraltos. Unha das agrupacións máis famosas de voces brancas son os Nenos Cantores de Viena.
- Coro de voces mixtas: cando conteñen voces de diferente natureza, voces blancas, femininas e masculinas a un mesmo tempo. Adoita ser de catro ou seis voces.
Polo tamaño
Existen agrupacións vocais de diverso tamaño, desde cuartetos ata os grandes coros. A continuación vemos as agrupacións máis habituais.
- Coro de cámara: de reducidas dimensións (menos de vinte cantantes).
- Coro mixto (tamén chamado coro sinfónico, orfeón ou masa coral): é a formación máis habitual, con diversidade de integrantes, aínda que se considera tal a partir duns 20 ou 25 cantantes.
Por se o que acabamos de ver non nos dera variedade abondo, podemos mesturar voces e instrumentos para obter innumerables agrupacións. Sería imposible facer unha listaxe detallada de todas as posibilidades. Veremos tres exemplos:
O primeiro é un dos máis sinxelos, un dúo composto por unha voz e un instrumento, neste caso o piano.
A segunda é un cuarteto. Está formado por dúas voces -unha feminina e outra masculina- e dous instrumentos -acordeón e guitarra-.
Por último unha das máis numerosas que se poden ver, unha orquestra sinfónica acompañando a dous coros -o Coro de RTVE e o Coro de nenos/as da Comunidade de Madrid-. E ademais inclúe a dous solistas, unha soprano e un barítono.