Agrupacións musicais
Requisitos do completado
Apuntamentos sobre a unidade didáctica
CLASIFICACIÓN DAS VOCES
Adoitamos clasificar as voces en función da tesitura que abarcan. A tesitura son os sons con calidade musical que unha persoa pode emitir, desde a máis grave ata a máis aguda ou viceversa. As mulleres teñen unha voz máis aguda que os homes.
- VOCES FEMININAS: Desde a máis aguda ata a máis grave son: soprano, mezzosoprano e contralto.
- VOCES MASCULINAS: Nos homes as voces son: tenor, barítono e baixo. Normalmente o barítono adoita representar papeis de malvado ou home poderoso nas óperas ou nos teatros musicais. Existe un tipo de voz masculina, chamada contratenor, que emite sons similares aos do canto feminino.
- VOCES BRANCAS: As nenas e os nenos, antes da puberdade, teñen voces moi agudas, porén a súa tesitura é relativamente curta. En ocasións catalóganse as voces brancas do mesmo xeito que as femininas, isto é en soprano, mezzosoprano e contralto. A medida que van medrando a voz faise máis grave e na puberdade dáse a chamada mutación na que desaparece a voz infantil. Este cambio é máis notable nos nenos.