Agrupacións musicais
Apuntamentos sobre a unidade didáctica
AGRUPACIÓNS DE CÁMARA
A palabra camera fai referencia a unha habitación en italiano. Polo tanto a música de cámara era aquela que estaba pensada para interpretar nunha estancia, ao principio das vivendas do nobres. A música de cámara ten dúas característica principais:
- Os intérpretes e as intérpretes colócanse de xeito que se ollan entre si o que permite que non sexa necesaria a existencia dunha persoa directora.
- Cada músico interpreta unha parte diferente, é dicir, non é habitual que se dupliquen as voces.
A forma máis sinxela de poder gozar da música en directo sería cunha única persoa, o que chamamos solista. Un instrumento que se adapta á perfección a isto é o piano pois permite interpretar a melodía e o acompañamento ao mesmo tempo. Vexamos:
"Vexamos" agora unha composición para piano de Robert Schumann:
Existen innumerables variedades de agrupacións. Podemos clasificalas en función de diversos criterios:
- Segundo o número de compoñentes: dúo, trío, cuarteto, quinteto,.... ata chegar ao coro de cámara -entre 5 e 15 cantantes- e á orquestra de cámara que habitualmente non pasa de 20 persoas. A pesar do que dixemos antes, o piano tamén se usa moitísimo para acompañar outros instrumentos e incluso o poden tocar dúas persoas ao mesmo tempo como no exemplo que tedes de seguido. Isto chámase piano a catro mans:
dúo de pianistas
- Segundo a familia: poden ser instrumentos da mesma familia (ex: cuarteto de corda) ou de distinta (ex. clarinete e piano)
- Tamén se poden dar agrupacións só instrumentais (ex: cuarteto de clarinetes), só vocais (ex: cuarteto vocal) e mixtos (dúo soprano e piano).
|
Exercicio por parellas: |
|
Que tipos de agrupación vindes de ver? Que instrumentos forman a terceira? Clasifícaos por familias (clasificación tradicional) |