CLASIFICACIÓN DE HORNBOSTEL-SACHS

Como xa vistes, o sistema tradicional de clasificación de instrumentos é mellorable. Hoxe en día adoita usarse o creado por Erich Moritz vo Hornbostel e Curt Sachs, coñecido por Hornbostel-Sachs. Este sistema agrupa os instrumentos en catro familias:

  • Idiófonos: o son é producido pola vibración do corpo do instrumento. Nesta familia entrarían moitos dos da percusión como poden ser xilófono,claves, güiro, ferriños, maracas,...
  • Membranófonos: unha membrana ou parche é a responsable da produción do son. Nesta familia están, entre outros moitos, timbal, caixa, bombo,...
  • Cordófonos: estes instrumentos emiten sons pola vibración dunha corda. Correspóndense cos instrumentos de corda.

  • Aerófonos: o son débese á vibración do aire. Neste grupo entran todos os da familia do vento na clasificación clásica.

Os instrumentos agrúpanse en grupos máis pequenos dentro de cada familia mais non imos adentrarnos nesta cuestión. Aínda existen instrumentos hoxe en día que non entran en ningunha das familias anteriores. Trátase daqueles instrumentos que empregan dispositivos electrónicos para a creación do son, por exemplo os sintetizadores, e os que levan de apelido "eléctrico" como órganogaita, guitarra ou violíneléctrico. Para isto creouse un novo grupo que se coñece co nome de electrófonos.