Agrupacións musicais
Requisitos do completado
Apuntamentos sobre a unidade didáctica
FAMILIAS INSTRUMENTAIS
Como xa sabedes, os instrumentos pódense agrupar por familias. A forma tradicional de agrupalos é:
- Instrumentos de corda: o son é producido pola vibración dunha corda. Na orquestra temos, de agudo a grave, violín, viola, violonchelo e contrabaixo, que adoitan ser fretados cun arco aínda que tamén se poden pulsar cos dedos, o que chamamos pizzicato. De corda pulsada destacan a guitarra ou a arpa pero existen outros moitos como a mandolina, laúde, ukelele,... Por último están os de corda percutida. Neste grupo atopamos principalmente o piano.
- Instrumentos de vento: emiten son grazas a unha columna de aire. Dividímolos en dúas familias. Vento metal e vento madeira.
- Os da primeira familia producen o son grazas á vibración dos beizos sobre unha boquilla en forma de embude. Os máis nomeados son a trompeta, a trompa, o trombón e a tuba.

-
- O resto considéranse de madeira. As embocaduras poden ser de bisel coma na frauta, con lingüeta simple coma no clarinete ou saxofón, ou de lingüeta dobre como son os casos do óboe, corno inglés ou fagot ou tamén a gaita na música tradicional.

- Instrumentos de percusión: Producen sons ao seren golpeados. Podemos distinguir entre os que emiten sons afinados, por exemplo o xilófono ou o timbal, e os que emiten sons de altura indeterminada coma a pandeireta ou o tambor.
REFLEXIÓN
|
Pero... Consideras que a clasificación tradicional de instrumentos abarca a todos os que existen hoxe en día? |