UNIDADE 3: COMUNICANDO CO CORPO
Bolero
O xénero é identificable por algúns elementos rítmicos en formas de composición que apareceron no folclore cubano durante o século XIX, como o danzón e especialmente a habanera.
O bolero cubano está relacionado co bolero español (unha danza de compás ternario do século XVIII). Sen embargo, o xénero cubano desenvolveu unha célula rítmica parecida, aínda que en compás cuaternario.
O bolero típico cubano xurdiu definitivamente arredor de 1840. Acéptase que o primeiro bolero foi Tristezas, escrito polo cubano José Pepe Sánchez en Santiago de Cuba en 1886. Aínda que algúns difiren da fecha, o importante é que esa peza deu orixe formal ao xénero e co acompañamento musical que denominamos «clásico» (as guitarras e a percusión). Así, o bolero evolucionou de música de cantinas a música de serenatas.
O ritmo do bolero é dun compás de catro tempos. No primeiro tempo, a parella, un fronte á outra e cos corpos pegados, só moven a pelve, no segundo dá un paso rápido, no terceiro tamén, e no cuarto dá un paso lento; todo isto mentres se xira lentamente cara á esquerda. Esta forma de bailar tan simple fíxoo popular en todo o mundo, en todos os ambientes e entre todas las clases sociais.