UNIDADE 3: COMUNICANDO CO CORPO

Sitio: Aula Virtual do Sinde
Curso: Música 6º
Libro: UNIDADE 3: COMUNICANDO CO CORPO
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 27 de decembro de 2025, 5:14 PM

Descrición

Unidade didáctica 3

Na unidade anterior rematamos vendo a relación da música coa expresión corporal no ballet. Na música hai outros exemplos nos que empregamos a capacidade do corpo para transmitir información, imos a ver un caso en concreto, as persoas directoras. Estas deben transmitir a músicos e músicas o xeito de interpretar a obra e lograr que a executen ao mesmo tempo. Para isto adoitan usar primordialmente o movemento dos brazos, pero tamén comunican co resto do corpo e as expresións faciais entre outras cousas. Imos ver a continuación a Gustavo Dudamel dirixindo a "Marcha Radetsky" no concerto de ano novo da Orquestra Filarmónica de Viena no 2017. Este director venezolano foi o máis novo en dirixir este concerto, un dos de máis prestixio do ano cunha das mellores orquestras -ou a mellor- do mundo.
A continuación tedes unha clase maxistral. Unha sesión na que Dudamel mellora a forma de dirixir de outras persoas.

O corpo tamén nos permite empregar outra linguaxe, a musical. Podemos usar a voz para cantar pero tamén podemos usar a percusión corporal como ides ver no seguinte vídeo.
En Youtube tamén atoparedes titoriais para aprender os ritmos de
funky e de samba.
A través da música creada co corpo e unha mesa o grupo Mayumaná fai o seguinte número:


Na páxina anterior falou das persoas directoras. É obvio que estas desenvolven o seu labor en espectáculos de cara ao público. Pois ben, botádelle un ollo ao que pasou nun destes espectáculos:


Agora é a vosa quenda:
Cales credes que son as normas de comportamento ao asistir como público a un concerto? Son as mesmas para calquera tipo de concerto?

Introdución

Os bailes de salón (inglés: Ballroom dance) son aqueles que baila unha parella de forma coordinada e seguindo o ritmo da música. Na orixe eran lúdicos e populares e a súa repercusión social foi de tal magnitude que deu lugar á creación de salas específicas que -dotadas dunha orquestra e un pavimento adecuado- facilitaran a súa práctica. Na actualidade practícanse tamén como modalidade deportiva en competicións organizadas e regulamentadas polas correspondentes federacións nacionais e internacionais.

Tanto na súa versión social como na de competición e deporte os movementos e interaccións da parella axústanse a patróns previamente establecidos que, asociados coa música, caracterizan aos distintos bailes. Isto motiva que a súa práctica requira dun previo aprendizaxe que antigamente se transmitía de pais a fillos e na actualidade pode ser adquirido en academias de baile.

Bolero

O xénero é identificable por algúns elementos rítmicos en formas de composición que apareceron no folclore cubano durante o século XIX, como o danzón e especialmente a habanera.

O bolero cubano está relacionado co bolero español (unha danza de compás ternario do século XVIII). Sen embargo, o xénero cubano desenvolveu unha célula rítmica parecida, aínda que en compás cuaternario.

O bolero típico cubano xurdiu definitivamente arredor de 1840. Acéptase que o primeiro bolero foi Tristezas, escrito polo cubano José Pepe Sánchez en Santiago de Cuba en 1886. Aínda que algúns difiren da fecha, o importante é que esa peza deu orixe formal ao xénero e co acompañamento musical que denominamos «clásico» (as guitarras e a percusión). Así, o bolero evolucionou de música de cantinas a música de serenatas.

O ritmo do bolero é dun compás de catro tempos. No primeiro tempo, a parella, un fronte á outra e cos corpos pegados, só moven a pelve, no segundo dá un paso rápido, no terceiro tamén, e no cuarto dá un paso lento; todo isto mentres se xira lentamente cara á esquerda. Esta forma de bailar tan simple fíxoo popular en todo o mundo, en todos os ambientes e entre todas las clases sociais.



Cha cha cha


Cha cha chá

O cha cha chá é un ritmo orixinario de Cuba creado a partir do danzón e o son montuno polo compositor e violinista da Habana Enrique Jorrín en 1953.

A instrumentación do chachachá orixinalmente foi tomada do danzón e o son montuno. En Cuba o danzón tócase cunha agrupación musical chamada charanga. Esta consistía en timbais, piano, baixo, frauta e unha sección de violíns.


Fox-trot

Fox-trot

É un popular baile estadounidense, que nace en 1912 coas primeiras orquestras de jazz. O seu nome significa, literalmente, «trote do raposo» e alude ás primitivas danzas negras que imitaban pasos de animais e nas que se inspiraron os primeiros bailaríns de fox-trot. Rapidamente, este baile convertiuse no máis popular de Estados Unidos. Cando chegou a Europa, encontrou unha forte oposición entre os sectores máis conservadores, hostís a calquera cambio, pero nada puido impedir que se popularizara tamén no vello continente.

A partir do fox-trot orixinal aparecerán dúas modalidades: o Slow-Fox (fox lento) e o Quickstep (fox rápido).


Pasodobre

Pasodobre

O pasodobre é a música dun baile español de compás binario e movemento moderado. Na súa versión para banda foi introducido nas festas dos touros. Tamén se utiliza nos desfiles militares como marcha.

O pasodobre é un baile moi sinxelo, con figuras moi libres, polo que resulta bastante fácil aprendelo. A posición da parella é igual á de todos os bailes de salón, un en fronte do outro e cos corpos pegados lixeiramente desprazados cara a esquerda. O seu ritmo básico é moi simple: un paso por tempo e débese permanecer todo o tempo cos corpos en paralelo e coa man esquerda e dereita do home e a muller, respectivamente, unidas. O pasodobre forma parte do repertorio das bandas de música españolas e soe constar de introdución e dúas partes principais, cun ritmo aflamencado.


Tango

Tango

O tango é un xénero musical tradicional de Arxentina e Uruguai, nacido da fusión cultural entre emigrantes europeos, descendentes de escravos africanos e dos nativos da rexión do Río da Prata. Musicalmente adoita ter forma binaria (tema e retrouso) ou ternaria (dúas partes ás que se agrega un trío). En esencia, é unha expresión artística de fusión, de natureza netamente urbana e raíz suburbana («arrabaleiro»), que responde ao proceso histórico concreto da mestizaxe biolóxica e cultural da poboación rioplatense pre-inmigración e a inmigración masiva, maioritariamente europea, que reconstituíu completamente as sociedades rioplatenses, a partir das últimas décadas do século XIX.

A súa interpretación pode levarse a cabo mediante unha ampla variedade de formacións instrumentais, sendo as máis características o cuarteto de guitarras, o dúo de guitarra e bandoneón, o trío de bandoneón, piano e contrabaixo, así como a orquestra típica ou o sexteto.

As letras das súas cancións están compostas baseándose nun argot local chamado lunfardo que, adoita expresar as tristezas, especialmente no amor aínda que tamén pode tratar outras temáticas.

O tango como baile naceu no arrabalde. Durante unha época estivo prohibido polo que a xente se viu obrigada a practicalo en lugares ocultos ata principios do século XX. Nas dúas primeiras décadas do século pasado, o tango triunfou en clubs nocturnos de París (Francia), onde apareceu, por primeira vez, en 1910, e noutros países latinoamericanos (especialmente Colombia, México e Centroamérica) e logo en Nova York. O tango comezou a bailarse entón en locais nocturnos das súas cidades de nacemento e rapidamente pasou a salóns populares.


Mambo

Mambo

Ó mambo é un xénero e un baile orixinario de Cuba. A palabra mambo foi orixinada na Habana no ano 1938 cuns estilos e arranxos ao danzón por Orestes López Cachao. Logo Dámaso Pérez Prado e Beny Moré fixeron popular outro xénero musical co mesmo nome en Cidade de México. Pérez Prado tomou a síncope e o nome mambo, do danzón de Orestes, e creou un novo xénero musical afincados na base do son montuno integrándolle novas melodías, saxofóns e trombóns facéndoo famoso no resto do mundo a finais da década do corenta e tamén nos años cincuenta.

O mambo báilase seguindo un ritmo sincopado, con catro pasos por compás, nota musical tomada do danzón mambo de Orestes López Cachao en 1938. Márcanse os catro tempos, con movementos fortes e frecuentes flexións das articulacións de pés e brazos. Este é un baile "forte" que require velocidade de pés, moita enerxía e poucas inhibicións.

Na actualidade é un dos ritmos latinos que se ensinan en clases de baile de salón, aínda que en moitas escolas tende a confundirse co son montuno ou guaracha comercialmente chamados salsa en Nova York.

Valse

Valse
O valse (provén dunha palabra alemana que significa 'xirar, rodar') é un elegante baile musical a ritmo lento, orixinario do Tirol (Austria) do século XII. O valse conqueriu o seu rango de nobreza durante o século XVIII en Viena, expandéndose rapidamente por outros países.
A súa característica máis significativa é que os seus compases son de 3/4. No compás do valse, o primeiro tempo sempre é considerado como o tempo forte (F), e os outros dous son débiles (d). Así, o patrón é "F, d, d".


Cada pobo ten a súa cultura musical e, polo tanto, as súas danzas típicas. Algunhas delas, como xa vimos, pasaron a ser mundialmente coñecidas. Outras non o son tanto porén non deixan de ser importantes xa que forman parte da tradición de cada lugar. Imos ver algunhas danzas de distintos lugares.
Comezaremos por África:

A seguinte danza é a Haka, unha danza maorí moi coñecida por ser realizada antes de cada partido polos All Blacks, o equipo de rugby de Nova Zelanda.


Xa vimos moitas danzas e bailes polo mundo adiante pero agora toca achegarnos á nosa cultura.

Que danzas galegas coñecedes? Algunha é exclusiva de Galicia?

Nos seguintes apartados afondaremos un pouco nelas.


É un baile e un xénero musical tipicamente galego. Como xénero, distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, do cal existen algunhas variantes.

A súa orixe é discutida, pero comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que o millo estivese a punto, e para pasar o tempo bailaban.

Como baile tradicional interpretábase en festas, romarías e canta xuntanza social o permitía. Se se dispuña de gaita, preferíase esta; pero senón, un grupo de percusión máis ou menos improvisado. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira. A estrutura musical, composta de copla e volta, refléctese na danza en xeito de punto e paseo. Un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.


A xota galega é un baile similar ao resto das xotas peninsulares, de onde chegou vía dos que ían á sega a Castela. De feito é normal chamala polo seu nome en castelán, jota. Musicalmente falando, interprétase como a muiñeira, tanto por grupos de pandeiretas ou con gaita. O baile estrutúrase en paseo e punto, habendo en ocasións unha terceira parte chamada descanso. Existen variantes coma o maneo ou o zapateado.
Aínda que os bailes máis destacados en Galicia son a muiñeira e a jota, existen outras moitas como poden ser o pasodobre, a polka, o valse, a rumba, etc. A maioría proveñen de alén das nosas fronteiras e foron adaptadas á nosa cultura e ás nosas músicas e instrumentos.
Botémoslle unha ollada a un deles:



Reflexión.
Pensade que idiomas se "axeitan" ben aos seguintes xéneros: jazz, pop, ópera, rap,...

Avancemos unha páxina...
E o galego? Non serve para estes tipos de música?

Vexamos:

EXEMPLOS DE MÚSICA EN GALEGO
A continuación tedes exemplos de música en galego de distintos xéneros:
  • Jazz.- Cereixas e fume de Carmen Dor.


  • Pop.- O noso espazo de Nadadora.


  • Rock.- Non podo máis de The homens.


  • Hip hop.- Deitado frente ao mar de Dios ke te crew.


  • Funky.- Paraíso distante de Loretta Martín.


  • Música africana.- Caixa de roseira de Faltriqueira.


  • Reggae.- Amodo de Guezos.



Xoel López é un cantante de música pop-rock alternativo e, aínda que a maioría das súas cancións son en castelán, tamén escribe cancións en galego.

O galego serve ata para a Ópera, mirade un fragmento d´O arame.

E un exemplo de danza moderna con música tradicional

Agora é a vosa quenda. Por grupos ides a crear unha coreografía.

O primeiro paso, por lóxica, é decidir que canción queredes bailar así que entre todas as persoas que formades o equipo debedes escoller un tema. Tede precaución de que sexa "bailable". Por exemplo unha Sinfonía de Beethoven é unha obra mestra da Música porén non está pensada para ser danzada.

O segundo paso pode ser analizar a forma da canción. Como xa sabedes -ou deberiades- a inmensa maioría das composicións teñen unha forma interna de organizarse en frases e temas, para entendernos as distintas melodías que a conforman. Vexamos un exemplo.



Unha vez coñecida a forma podemos pensar un movemento ou serie de movementos para cada tema. Podedes buscar na rede pasos que se adapten á vosa canción.

En canto teñades o baile listo o seguinte é...

ENSAIALO MOITO!