O alumnado de 1º de Educación Primaria, debe facer unha listaxe de obxectos que atopen pola casa e investigar se producen ou non algún son, así como os diferentes timbres que poden posuír. Tamén que escoiten sons da casa (cos ollos pechados) e intenten adiviñar a súa procedencia.
Subirán (opcionalmente) á aula virtual (ou ben me mandarán un correo: martadiazalvarez55@gmail.com) unha foto de 3 obxectos e, acompañando, escribirán no título se producen ou non son.
¡A respirar!: Realizar os seguintes exercicios: https://www.youtube.com/watch?v=tXK3D3QYqWE.
Oh a le le: Aprendizaxe da canción (so o audio) por imitación: https://www.youtube.com/watch?v=bg5zk_W9eAo. Opcionalmente poderá grabarse e subir o resultado á aula virtual ou mandalo por correo (martadiazalvarez55@gmail.com).
Ao son da música: Pedimos ao neno que se sente e extenda as mans sobre os xeonllos. Debe comezar a realizar secuencias de relaxación con diferentes partes do corpo mentres soa a seguinte pista: https://www.youtube.com/watch?v=y7e-GC6oGhg