Section outline

  • Ola a todos e a todas;

    Velaquí tedes uns links que vos levarán ás páxinas

    web de tres museos moi importantes de Madrid e Londres.

    Alí davos a opción de poder facer unha visita virtual por algunhas das súas galerías. 

    Anímovos a que lle botedes unha ollada. 

    Unha aperta a todos/as.

    Vémonos pronto!

  • Ola a todos e a todas;

    Esta semana propóñovos un reto.

    Tedes que intentar crear unha manualidade (figuriña, elemento decorativo, xoguete...) 

    con material de refugallo que teñades pola casa.

    Este material pode ser de calquer tipo: envases de iogur, bricks de leite,

    botellas de auga, latas de refrescos, cartonciños de papel hixiénico, tapóns, 

    envases de deterxente, restos de cartolinas, etc, ou calquera envase que teñades pola casa e que

    non empreguedes, ou que vaiades a tirar. Imos intentar reutilizalo dándolle unha segunda vida.

    En primeiro lugar, temos que pensar ben que é o que queremos facer, e iso require tempo. 

    Podemos axudarnos dun lapis e papel para debuxar as nosas ideas (porque seguro que temos

    un feixe delas ao principio!). 

    En segundo lugar, debemos recolectar todo aquel material que precisamos, ou que cremos que

    imos a precisar.

    Finalmente, toca construír a nosa obra artística!

    Lembrade que esta creación tédela que traer á clase cando volvamos ao cole.

    Deixade voar a imaxinación e veredes que cousas máis bonitas creades!

    Moito ánimo a todos e todas.

    Vémonos pronto!

  • Hello, everyone!

    Esta semana imos a coñecer un pouquiño o movemento 

    Pop Art.

    Se pinchades neste link, veredes unha pequena presentación 

    para coñecer que é o Pop Art e os seus principais autores/as:

    pincha aquí.

    A que é moi divertido? Agora tócache a ti ser o artista!

    Debaixo deste texto tedes varias láminas.

    Elixide unha e coloreádea seguindo o modelo! 

    Cando rematedes, escaneádea ou sacádelle unha foto co voso nome

    e enviádema por aquí.

    Só tedes que clickar onde pon "Láminas Pop Art", logo "Engadir entrega" e listo!

    I hope you like it!

    Bye!

  • Bo día a todos e a todas,

    Como xa sabedes, tódolos anos con motivo do día das Letras Galegas (17 de maio)

    o noso cole publica O Espigonciño, un xornal moi especial no que participan todos os

    nenos e nenas do cole.

    Este ano, o día das Letras está adicado ao escritor galego Ricardo Carvalho Calero.

    Durante esta semana, cada un de vós deberá deseñar unha portada para

    esta edición do Espigonciño, tendo en conta o escritor ao que se homenaxea este ano.

    Poñede a punto a vosa creatividade e veredes que portadas máis bonitas creades!

    Cando a rematedes, sacádelle unha foto ou escaneádea, e enviádea a:

    xornalescolar@gmail.com.

    O PRÁZO MÁXIMO PARA ENTREGALA SERÁ O LUNS 11 DE MAIO.

    LEMBRADE ESCRIBIR O VOSO NOME E CURSO NELA.

    Subiranse todas as vosas portadas á galería da páxina web do cole e o equipo de

    Dinamización elexirá a gañadora. Así que xa sabedes, intentade facela o mellor que

    poidades!

    Ademais, ésta tamén será a tarefa de Plástica desta semana.

    Debedes enviarma por aquí, igual que fixemos coa actividade anterior.

    Por último, lembrade estes consellos sobre como facer fotos das túas tarefas:

    1) Emprega a luz natural, sen sombras.

    2) Coloca o folio/cartolina nunha superficie lisa e limpa.

    3) Pon o móbil paralelo ao folio.

    4) Non tapes co teu dedo a cámara.

    5) Dende o teu móbil, podes editar as túas fotos, modificando

        a luminosidade e o contraste.

    6) Comproba que a foto saíu ben antes de enviala!

    Moito ánimo a todos/as!

  • Hi, everyone!

    Para a tarefa desta semana, non precisamos nin papel, nin lapis, nin cores!

    Tan só precisamos un ordenador con conexión a Internet e moitas gañas

    de crear cousas bonitas!

    Imos empregar unha ferramenta dixital moi interesante chamada AutoDraw,

    que serve para debuxar. É moi fácil de empregar!

    Tedes que escribir no voso buscador de Internet: www.autodraw.com

    Inmediatamente, veredes unha lámina en branco e á esquerda, varios circuliños

    cunha morea de funcionalidades. Probádeas!

    E cando xa esteñades un pouquiño familiarizados con esta ferramenta e as súas

    posibilidades, creade un debuxo libre para enviarmo despois.

    Truquiño: se pinchades no círculo onde aparece un lapis rodeado de estreliñas,

    e despois facedes un debuxo (dun barco, por exemplo), a aplicación inmediatamente

    vos propón na barra de arriba diferentes debuxos que se asemellan ao que vós estades

    debuxando! Probade esta funcionalidade!

    Cando rematedes o voso debuxo, tedes que pinchar nas tres raias pequeniñas

    que tedes á esquerda, enriba de todo. Despois pinchade en "Download" (descargar),

    e en "Gardar". Quedará gardado no voso ordenador na carpeta de "Descargas".

    Despois, debedes enviarmo a través desta carpeta que vos deixo aquí abaixo.

    Deixade voar a imaxinación e a crear!

  • Hello, everyone!

    Google has got a surprise: if you search an animal with a phone or tablet, you can see information

    about the animal, and you can see it in 3D on your house's floor!

    I tell you how to do it:

    1) Search on Google the name of an animal.

    2) Click on "view on 3D"

    3) Move around it! Next to it, above it, below it... and listen to the sound it makes!

    4) Take a photo and send it to me!

    ——————————————————————————————————————

    Ola a todos/as!

    Google ten unha sorpresa para todos vós: se buscades o nome dun animal en Google nun

    teléfono móbil ou nunha tablet, podedes ver a información dese animal, pero tamén velo en tres

    dimensións na vosa propia casa!

    Explícovos como facelo:

    1) Escribe en Google o nome do animal que queiras, por exemplo: panda bear, tiger, macaw, duck, penguin...

       (Os animais das imaxes de arriba son "tiger" e "macaw").

    2) Pinchade en "Ver en 3D".

    3) Pinchade en "Ver no teu espazo" e comezade a movelo: cara arriba, cara abaixo... e escoitade o son

        que produce!

    4) Sacádelle unha foto no espazo que queirades e enviádema.

    Buscade unha localización que vos guste. Pode ser na vosa casa, ou fóra, agora que podemos

    saír a dar pequenos paseos!

    Lembrade que cando sacamos unha foto, podemos facer uso do editor de fotos que temos no

    noso móbil! É unha ferramenta moi sinxela de empregar e que serve para mellorar a calidade

    da imaxe das nosas fotos. Podemos recortala, poñela máis oscura, máis clara, empregar algún

    filtro...Tedes liberdade para crear a vosa fotografía como queirades, tendo en conta, que ten

    que aparecer o voso animal en 3D!

    Cando a teñades preparada, enviádema por aquí.

    Enjoy!

  • Destacado

    Hello, everyone!

    This week, we are going to make an animal's diorama!

    1) Choose one animal: monkey, elephant, ostrich, flamingo, crocodile, lion, penguin and giraffe.

    2) Draw, colour and cut the animal. Click on the tutorial!:

        How to draw a monkey: click here.

        How to draw an elephant: click here.

        How to draw an ostrich: click here.

        How to draw a flamingo: click here.

        How to draw a crocodile: click here.

        How to draw a lion: click here.

        How to draw a penguin: click here.

        How to draw a giraffe: click here.

    3) Draw and colour the animal's habitat.

                         JUNGLE                                               SAVANNAH                                                LAKE                                                

     

                           FIELD                                             RIVER                                             ICE

     

    4) Mount the diorama's scenario with your animal, the habitat and the cardboard. This is an example:

       

    5) Take a picture and send it to me.

    Enjoy!