Portada do Espigonciño
Section outline
-
Bo día a todos e a todas,
Como xa sabedes, tódolos anos con motivo do día das Letras Galegas (17 de maio)
o noso cole publica O Espigonciño, un xornal moi especial no que participan todos os
nenos e nenas do cole.
Este ano, o día das Letras está adicado ao escritor galego Ricardo Carvalho Calero.
Durante esta semana, cada un de vós deberá deseñar unha portada para
esta edición do Espigonciño, tendo en conta o escritor ao que se homenaxea este ano.
Poñede a punto a vosa creatividade e veredes que portadas máis bonitas creades!
Cando a rematedes, sacádelle unha foto ou escaneádea, e enviádea a:
xornalescolar@gmail.com.
O PRÁZO MÁXIMO PARA ENTREGALA SERÁ O LUNS 11 DE MAIO.
LEMBRADE ESCRIBIR O VOSO NOME E CURSO NELA.
Subiranse todas as vosas portadas á galería da páxina web do cole e o equipo de
Dinamización elexirá a gañadora. Así que xa sabedes, intentade facela o mellor que
poidades!
Ademais, ésta tamén será a tarefa de Plástica desta semana.
Debedes enviarma por aquí, igual que fixemos coa actividade anterior.
Por último, lembrade estes consellos sobre como facer fotos das túas tarefas:
1) Emprega a luz natural, sen sombras.
2) Coloca o folio/cartolina nunha superficie lisa e limpa.
3) Pon o móbil paralelo ao folio.
4) Non tapes co teu dedo a cámara.
5) Dende o teu móbil, podes editar as túas fotos, modificando
a luminosidade e o contraste.
6) Comproba que a foto saíu ben antes de enviala!
Moito ánimo a todos/as!