Section outline

  • Déixovos aberto para que me enviedes a comprensión lectora que vos mandei a semana do 6-12 abril de abril. Tedes ata o martes 28 para subilo e que volo corrixa

  • Diario de galego

    A primeira tarefa que tes que realizar é a elaboración dun pequeno diario persoal no que relatas que estas a facer estes días na casa:

    -          O por que desta situación.

    -          Como o viviches cando te decataches da situación e do que implica.

    -          Rutinas e horarios que fas cada día.

    -           Como te estas a sentir estes días.

    -          Hobbies...

    O formato do diario queda a túa libre elección: pode ser en formato dixital (Word, powert point...), en papel, unha libreta que teñas na casa e non utilizas, facendo una carpetiña con cartulinas... co que queras ti. E podes decorala tamén como ti vexas: podes facer debuxos, recortes... Imaxinación! Xa sabedes que quero que lle dedes cor e vida os traballos!

    Cando remate este tempo de estar na casa, podemos traelo a clase e ler ou contar que fixemos todos estes días nos que non salimos da casa e que estivemos tanto sen vernos!

    SORPRENDERNOS COS VOSOS DIARIOS!

  • Bos días.

    Para Galego, ademáis de seguir co diario personal sobre estes días, tedes que ler o ditado da páxina 115 e pedirlle a alguén que cho faga. Despois xa sabes, corríxeo ti e apunta as faltas que tiveches. 

    Por se alguén non ten o libro, o ditado é o seguinte. 

    ¨  O explorador escavou nas proximidades do cemiterio e atopou algo extraordinario: restos da época de esplendor do imperio de Nil. Aquilo era, sen esaxerar, o mellor descubrimento de todas as súas expedicións. Todo un éxito! ¨

  • BOS DÍAS!

    ¿Collíchedes enerxía durante esta semana?

    De momento para este martes e mércores tedes que ler a lectura da páxina 106 e 107 e facer a comprensión lectora que aparece nada páxina 108 e 109 do libro de texto.  

  • 3º TRIMESTRE

  • Esta semana celébrase o Día do Libro, máis concretamente o día 23 de abril.

    Por iso, esta semana todo o que imos a facer irá encamiñado ca lectura.

    Tedes que investigar sobre cal é o orixe do día libro e que é tipo regalar nesa data. Douvos unha pista, en Cataluña é o dia de Sant Jordi, unha das celebracións máis importantes desa comunidade.

    Tedes toda a semana para investigar e facer un traballiño sobre este día. 

    Quen sepa empregar o procesador de texto do ordenador (chamado Word) pode facelo así, poñerlle imáxenes... Quen non sepa non pasa nada, que o faga a mán na libreta ou nun folio, facedelle debuxos... Pero eso si, IMAXINACIÓN! Por favor, non copiedes e peguedes de internet. Que sexa atractivo e bonito. Xa sabedes que gústame que lle poñades COR A VIDA! E recordade que estamos en galego!

    O venres abrirase o prazo para que poidades mandarme os traballos ou fotos deles! E quen queira que mo diga e podo publicalo para que o vexades tods, que vos parece? 

    TEDES TOTAL LIBERDADE PARA FACELOS COMO QUEIRADES E NO FORMATO QUE VOS PAREZA MELLOR OU TEÑADES POR CASA. PODE SER NA LIBRETA, NO ORDENADOR, NUNHA CARTULINA, NUN FOLIO, UN CARTÓN... ELIXIDE VOS, SEDE CREATIVOS E INDEPENDIENTES, E USADE O QUE TEÑADES POR CASA, XA QUE NON SE PODE SAÍR DA CASA PARA MERCAR. 

    QUE SEA EN CARTULINA NON QUERE DICIR QUE VAIA A ESTAR MELLOR QUE SE O FACEDES NA LIBRETA. O QUE IMPORTA É O CONTIDO, O QUE RECOPILEDES E COMO O ESTRUCTUREDES.

    POR FAVOR, IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE Ó PODER!!!

  • TIRA O DADO

    Tedes que entrar no link do título e darlle a new story. Aparecen 10 dados e, unha vez que os tires, aparecerán 10 debuxos. Tedes que facer unha historia onde aparezan eses 10 debuxos. 

    Facede primeiro unha lista dos debuxos e, a continuación facede a historia. 

    Pode ser que un mesmo dado teña varias interpretacións. 

  • Acércase unha data moi importante en Galicia que todos coñecedes,  o Día das Letras Galegas.  Como xa sabedes, todos os anos no cole faise a revista do Espigociño, e este ano va a ser en formato dixital.  Teredes que facer unha portada para a revista, e entre as melloren de todo o cole vai ser a que represente este ano. Toda a información  sobre cómo ten que ser a portada e a onde envíala a tedes na área de plástica así que.. Bulide a mirar as instruccións que nos deixa a profe Adara !!

    Ademais, como artigo de clase de 4° vaise publicar algun dos vosos textos sobre o primero día que saichedes dende que estamos  confinados.

    O Día das Letras Galegas ainda non é esta semana, así que traballaremos sobre iso a semana que ven. Mentres tanto, esta semana imos facer a seguinte comprensión lectora . Recordade que se non sabedes o significado dalgunha palabra tedes que buscala e apuntala, creando o voso dicionario persoal.

    Se non tedes dicionario de galego na casa non importa, deixovos o mellor Dicionario galego  a continuación  Dicionario 

     

  •       LETRAS GALEGAS     

    Como cada 17 de maio conmemórase o Días das Letras Galegas

    Vouvos falar un poco deste días tan especial.

    A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

    ¨Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

    A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.


    A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...


    A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.


    Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.


    A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.


    O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

     

    Este ano adícase a Ricardo Carvalho Calero, un home que adicou a súa vida ao estudo da nosa lingua, a lingua galega.

    Durante esta semana imos a traballar en torno a este autor tan importante, indagando na súa biografía. 

    Antes de nada, imos a saber un pouco máis sobre este autor no seguinte video. 

    Neste enlace que vos dexo a continuación tedes un xogo sobre a vida do autor. Iniciase unha partida de dardos formada por dez tiradas. En cada unha delas formúlase unha pregunta con tres opcións, das cales unha é correcta e dúas non. Ao acertar, o tirador fai diana no centro.

    Aquí tedes outras actividades sobre Ricardo Carvalho que podedes facer online 

    Para facer na libreta deixovos o seguinte documento. Non tedes nin que copiar os enunciados nin que imprimilo. 

    É obligatorio facer o documento que pon BIOGRAFÍA. Como voluntario e optativo deixovos outros dous documentos para quen os quera facer: AGORA e CIDADE 

  • LETRAS GALEGAS

    Por se queredes ler un pouco máis sobre Ricardo Carvalho Calero déixovos o libro que fixeron os bolechas.
    Tamén vos deixo o enlace a unha páxina web onde poderedes ler outro dos seus contos "As pitas baixo a choiva" e escoitar unhas cantas cancións. Desfrutade coa lectura!
  • COMO SE DEBUXA UNHA PAISAXE
    Esta semana en lingua tócavos debuxar, déixovos un poema e teredes que lelo e debuxar o que alí se describe.
    É unha paisaxe que ten de todo!
    Déixovos ata o venres para mandalo.
  • Esta semana imos facer unhas fichas interactivas a través da páxina liveworksheets.

    Lembrade, cando rematedes darlle a “terminado”, “mandar a la profe” e completar o

    seguinte:

    . Enter your full name: escribir o voso nome e apelidos.

    . Level/group: 4º

    . School subject: lingua

    . Enter your teacher´s email: raquelinfante@edu.xunta.es

    Tenéis hasta el viernes para mandarlas.



  • Esta semana seguimos con fichas de liveworksheets.

    Acordádevos de mandalas poñendo o voso nome, 4º e lingua.

    Podedes mandalas ata o venres.

  • Xa para rematar e para facer de forma voluntaria déixovos dúas fichas de liveworksheets, unha de artigos e outra de campos semánticos. 

    Podedes mandalas ata o venres. Ánimo que xa non queda nada!