Section outline

  •       LETRAS GALEGAS     

    Como cada 17 de maio conmemórase o Días das Letras Galegas

    Vouvos falar un poco deste días tan especial.

    A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

    ¨Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

    A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.


    A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...


    A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.


    Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.


    A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.


    O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

     

    Este ano adícase a Ricardo Carvalho Calero, un home que adicou a súa vida ao estudo da nosa lingua, a lingua galega.

    Durante esta semana imos a traballar en torno a este autor tan importante, indagando na súa biografía. 

    Antes de nada, imos a saber un pouco máis sobre este autor no seguinte video. 

    Neste enlace que vos dexo a continuación tedes un xogo sobre a vida do autor. Iniciase unha partida de dardos formada por dez tiradas. En cada unha delas formúlase unha pregunta con tres opcións, das cales unha é correcta e dúas non. Ao acertar, o tirador fai diana no centro.

    Aquí tedes outras actividades sobre Ricardo Carvalho que podedes facer online 

    Para facer na libreta deixovos o seguinte documento. Non tedes nin que copiar os enunciados nin que imprimilo. 

    É obligatorio facer o documento que pon BIOGRAFÍA. Como voluntario e optativo deixovos outros dous documentos para quen os quera facer: AGORA e CIDADE