Section outline

  • Hi, everyone!

    Para a tarefa desta semana, non precisamos nin papel, nin lapis, nin cores!

    Tan só precisamos un ordenador con conexión a Internet e moitas gañas

    de crear cousas bonitas!

    Imos empregar unha ferramenta dixital moi interesante chamada AutoDraw,

    que serve para debuxar. É moi fácil de empregar!

    Tedes que escribir no voso buscador de Internet: www.autodraw.com

    Inmediatamente, veredes unha lámina en branco e á esquerda, varios circuliños

    cunha morea de funcionalidades. Probádeas!

    E cando xa esteñades un pouquiño familiarizados con esta ferramenta e as súas

    posibilidades, creade un debuxo libre para enviarmo despois.

    Truquiño: se pinchades no círculo onde aparece un lapis rodeado de estreliñas,

    e despois facedes un debuxo (dun barco, por exemplo), a aplicación inmediatamente

    vos propón na barra de arriba diferentes debuxos que se asemellan ao que vós estades

    debuxando! Probade esta funcionalidade!

    Cando rematedes o voso debuxo, tedes que pinchar nas tres raias pequeniñas

    que tedes á esquerda, enriba de todo. Despois pinchade en "Download" (descargar),

    e en "Gardar". Quedará gardado no voso ordenador na carpeta de "Descargas".

    Despois, debedes enviarmo a través desta carpeta que vos deixo aquí abaixo.

    Deixade voar a imaxinación e a crear!