Section outline

  • Ola a todos e a todas;

    Esta semana propóñovos un reto.

    Tedes que intentar crear unha manualidade (figuriña, elemento decorativo, xoguete...) 

    con material de refugallo que teñades pola casa.

    Este material pode ser de calquer tipo: envases de iogur, bricks de leite,

    botellas de auga, latas de refrescos, cartonciños de papel hixiénico, tapóns, 

    envases de deterxente, restos de cartolinas, etc, ou calquera envase que teñades pola casa e que

    non empreguedes, ou que vaiades a tirar. Imos intentar reutilizalo dándolle unha segunda vida.

    En primeiro lugar, temos que pensar ben que é o que queremos facer, e iso require tempo. 

    Podemos axudarnos dun lapis e papel para debuxar as nosas ideas (porque seguro que temos

    un feixe delas ao principio!). 

    En segundo lugar, debemos recolectar todo aquel material que precisamos, ou que cremos que

    imos a precisar.

    Finalmente, toca construír a nosa obra artística!

    Lembrade que esta creación tédela que traer á clase cando volvamos ao cole.

    Deixade voar a imaxinación e veredes que cousas máis bonitas creades!

    Moito ánimo a todos e todas.

    Vémonos pronto!