Section outline

  • Diario de galego

    A primeira tarefa que tes que realizar é a elaboración dun pequeno diario persoal no que relatas que estas a facer estes días na casa:

    -          O por que desta situación.

    -          Como o viviches cando te decataches da situación e do que implica.

    -          Rutinas e horarios que fas cada día.

    -           Como te estas a sentir estes días.

    -          Hobbies...

    O formato do diario queda a túa libre elección: pode ser en formato dixital (Word, powert point...), en papel, unha libreta que teñas na casa e non utilizas, facendo una carpetiña con cartulinas... co que queras ti. E podes decorala tamén como ti vexas: podes facer debuxos, recortes... Imaxinación! Xa sabedes que quero que lle dedes cor e vida os traballos!

    Cando remate este tempo de estar na casa, podemos traelo a clase e ler ou contar que fixemos todos estes días nos que non salimos da casa e que estivemos tanto sen vernos!

    SORPRENDERNOS COS VOSOS DIARIOS!