QUE IMOS TRABALLAR
Section outline
-
Principalmente o que quero traballar con eles é comprensión lectora, expresión escrita e repaso de matemáticas.
Todos os días deben de ler un texto e facer unha serie de preguntas sobre él.
En galego deberán de escribir un diario personal sobre estes días, cas súas rutinas e horarios diarios e co que fan cada día, como se sinten ao ter que estar en casa sin saír, etc... Pode ser unha moi boa oportunidade para que escriban e para que expresen as súas ideas e sentimentos.
Deberán de realizar mínimo 3 multiplicación e 3 divisións. Púxenlles un enlace que xenera directamente as operacións.
Segundo vaia avanzando todo isto irei metendo contidos de repaso de matemáticas que lles servirá para o tema que empezamos a ver e os seguintes que veñen. Estamos empezando cas magnitudes de longitud e mandareilles repasar as operacións con decimais. Así como tamén repaso de lingua galega e castelán sobre as clases de palabras, ortografía...
Unha vez a semana introducirei un pequeno ditado para que fagan. Deben de correxilos eles mesmos e poñer o número de faltas que teñan.
Para CC. Socias continuaremos co repaso dos ríos, Comunidades Autónomas e Provincias.
Se por calquera circunstancia non teñen acceso a ordenador ou internet, poñedevos vos operacións nuha folla e que LEAN moito.