Partindo das características evolutivas da linguaxe na Etapa de Educación Infantil, procederase ao desenvolvemento de un Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (P.E.L.O.) organizado en actividades relacionadas con : - Respiración - Relaxación - Praxias orofaciais - Articulación - Ampliación de vocabulario - Relacións sons/letra
Estas actividades programaranse de acordo ás diferentes idades do alumnado de Ed. Infantil.
OBXECTIVOS
1.- Estimular a linguaxe como parte do desenvolvemento integral na etapa de Educación Infantil
.2.- Favorecer o progreso xeral na pronunciación dos elementos fonéticos de maior complexidade detectados na Educación Infantil.
3 - Fomentar a interacción global na aula mediante o desenvolvemento de actividades lingüísticas comúns.
4. - Estimular a amplitude léxica e a expresión oral.
5. - Reducir as intervencións especializadas individuais fóra da aula .
6 - Fomentar, desde o Departamento de Orientación – especialmente orientadora e profesoras de AL-, a colaboración co equipo docente de Educación Infantil na detección precoz de dificultades fonoarticulatorias e establecer medidas de prevención e corrección das mesmas desde a intervención diaria na aula.
7. - Favorecer o proceso da lectoescritura.
- Teacher: Monserrat Méndez Pérez