Programa unha enxeñeira ou científica
no programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole, desde a Oficina de Igualdade da USC, no marco do convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, trasladamos as ligazóns nas que podedes visualizar os videos impartidos por investigadoras da USC e do CESGA, para visibilizar referentes femininos e achegar de forma divertida as disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
Ligazón da lista en youtube USC:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLN7h5nFkg2ZVwe-lEJWkIW0tB8IriZosc
É moi importante indicar que o video número 7 non o debedes usar, no seu lugar está o video número 21, desculpade porque non se deu de baixa o antigo.
Por outro lado, recomendamos empregar como material complementario ao obradoiro de Física Divertida (vídeo 1) este libro sobre as mulleres que nos levaron ao espazo:
https://minerva.usc.es/entities/publication/aa2460c4-41b5-4d81-937a-22deb282b8fd
E para os demais obradoiros, para falar das contribucións das mulleres á ciencia e a tecnoloxía, pódese empregar este outro:
https://minerva.usc.es/entities/publication/9b2fe9eb-4861-45df-8003-1b0f86f2f399