Bo día,
Antes de nada agradecervos a vosa presencia o outro día na videoconferencia, e pedir desculpas porque ata hoxe non puiden facer algunha das cousas que alí comentei (espero que o comprendades, xa que a carga de traballo é grande e moitas veces non sabemos dicir que non).
Deixeivos a práctica da actividade base de datos aquí, e tedes o exemplo na Zona de prácticas (ademais o alumno pantasma xa cubriu unha entrada para que vexades que non ten nada). A verdade é que este tipo de actividade a min resúltame moi útil, e da para moito máis do que a primeira visa podería parecer: o límite é, como sempre, a nosa imaxinación e a adaptación ao que queremos lograr didacticamente.
Polo resto, onte rematou oficialmente o curso, aínda que como vos dixen (esto é unha proba), non me importa quedar un pouco "na sombra" por si queredes nalgún momento que vos axude. Podedes contactar conmigo polos seguintes medios:
- En Twitter: @francasalf (temos unha gran comunidade ou Claustro Virtual no que nos axudamos frecuentemente)
- Por correo electrónico: orientacionmdp@gmail.com (non me importa que teñades o meu correo corporativo, francasal@edu.xunta.gal, aínda que prefiro usalo só para aspectos máis institucionais, e aquí sería máis ben unha axuda persoal).
De momento entrarei aínda uns días a esta aula virtual, se o equipo directivo está de acordo, por si hai algunha dúbida ou queredes dar algún feedback. Logo creo que non procederá moito, aínda que se me contactades e a dirección non ten problema (e non eliminaron a miña conta, claro ;-)), tampouco terei problema en entrar a botarlle un ollo ao que me digades.
En fin, que moitas grazas por todo, moito ánimo co que temos entre mans, e un saúdo.
