Videoconferencia dúbidas

Videoconferencia dúbidas

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Boas,

Deixei a modo de segunda parte do curso un par de axudas co servizo de videoconferencia que ten actualmente implementado a Consellería: Webex.

Podemos aproveitar para practicar co seu uso mañán martes de 17 a 18 horas, cunha reunión virtual á que poderedes acceder desde o enlace que está no corpo do curso. Os datos de acceso son:

Número de reunión:

230 235 744

Contrasinal:

Moodle-Calo

Nela eu xogaría o rol de profesor e vós o de alumnos/as, aínda que neste caso si que tendes correos edu.xunta.gal para poder acceder (eles pódeno facer cun nonresponder@edu.xunta.gal). Se vos parece poderiamos falar, a modo de orde do día, de:

  • Dúbidas ou consultas sobre Moodle (coas que podemos guiar as últimas prácticas).
  • Netiqueta en medios dixitais.
  • Consellos para a titorización en eLearning.
  • Intervencións varias.

Moitas grazas e un saúdo.

 

PD. Tamén se poderá acceder por teléfono:

+34-91215-8236 Spain Toll
Código de acceso: 230 235 744