Etiqueta

Etiqueta

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 4

Bos dias

Na tarefa de engadir etiqueta entendo que se pode poner unha imaxe ou video pero que nos dous casos tenen que estar descargados no ordenador, enton subir un video desde youtube non e posible?

Grazas, un saudo

Begoña

En resposta a Usuario eliminado

Re: Etiqueta

por Usuario eliminado -

Boas,

En puridade un vídeo de Youtube non o poderiamos subir a ningún lado sen telo antes descargado (ou baixado).

Poderiamos enlazalo (poñer un link ou enlace), ou incluso incrustalo (embebelo ou insertalo), é dicir, sen descargalo nin subilo, facer unha referencia ou vinculación co vídeo, pero este seguirá estando no servidor no que está, no de Youtube, non no noso Moodle. Polo tanto, se o retiran de alí, tamén deixaría de estar dispoñible aquí. É o risco de usar recursos externos dese tipo.

Se queres dime como queres facer en concreto e bótoche unha man.

Grazas e un saúdo.

 

En resposta a Usuario eliminado

Re: Etiqueta

por Usuario eliminado -

Grazas Fran pola túa axuda,  usarei o enlace ao video que é o que fago normalmente na proposta de actividades neste tempo de confinamento, ainda que non é moi visual (o enlace digo).

Hai compañeIras que utilizan blogs na comunicación das tarefas ao alumnado, e ahí o video pódese ver xa coa imaxen. Non sei se o blogue sería a mellor opción para E.F.

Saúdos

En resposta a Usuario eliminado

Re: Etiqueta

por Usuario eliminado -

Boas,

O blog será máis cómodo para unhas cousas, e peor para outras. A súa razón de ser é a actualización periódica, o ir publicando paulatinamente post ou entradas, de aí que sexa un bo acompañante durante o transcurso dun curso escolar. E, como comentas, ten un gran carácter multimedia, normalmente moi fácil de manexar ademais (perdendo opcións de configuración, claro).

Agora ben, non permite entregar documentación, non inclúe tarefas e actividades, non permite avaliar... E ademais cos que usa a maioría (Blogger, Wordpress...) hai serios problemas de privacidade, de control do contido, etc.

Digamos que máis ben son cousas complementarias.

Grazas e un saúdo.