Durante a época romántica, os músicos expresaban nas súas composicións os seus ideais de liberdade e o seu desexo de provocar sentimentos e emocións. Para iso, utilizaban principalmente o piano; ou de modo máis complexo a orquestra. Gran parte da súa inspiración procedía do coñecemento dos temas dos cancioneiros tradicionais de diferenes culturas e mesmo de romances e cancións medievais de tipo amoroso ou heroico. España converteuse nun lugar privilexiado para os músicos románticos.
Os músicos virtuosos estiveron moi de moda na época romántica aínda que tamén tiveron os seus detractores. Chamábaselles vistuosos porque tocaban os instrumentos cunha grande habilidade e cun estilo perfecto e refinado. O virtuosismo poñía a proba a calidade do intérprete, do instrumento e o gusto do público. Liszt e Chopin, entre outros, interpretaban música propia e de repertorio cun refinamento e un grao de dificultade máximos. Eran grandes virtuosos do piano.
Algúns temas favoritos dos compositores románticos eran temas da música popular de diferentes lugares. Os xéneros do canto tradicional galego distínguense sobre todo polo ritmo. Os máis frecuentes son:
Alalás e cantos de seitura.
Muiñeira vella ou pandeirada e muiñeira nova.
Xota vella e xota nova.
Outras melodías fixas.
A pandeirada ten unha pulsación rítmica indiferenciada que se divide en tres partes na pandeireta ou pandeiro e en dúas no canto. Ten unha gran variedade na súa estructura formal. A súa letra é sempre de versos de oito sílabas que son cantadas silabicamente.
A FRAUTA TRAVESEIRA pertence á familia de vento-madeira (as primeiras eran de madeira). A embocadura sitúase na parte lateral dun extremo e tócase colocándoa en posición horizontal. Compleméntase moi ben en dúo coa arpa.
O PIANO pódese dicir que é o rei dos instrumentos desta época. É un instrumento de corda percutida con teclado. Ao principio chamábase PIANOFORTE porque podía emitir sons suaves e fortes, a diferenza da clave. O seu nome abreviouse e quedou co de piano.
Inclúe dous ou tres pedais que modifican a duración dos seus sons.
A ARPA máis antiga que se coñece data do ano 2600 a.C. Desde entón, evolucionou moito e diversificouse nunha ampla colección. A arpa pode ter desde unha corda ata 47, como a das orquestras, A súa sonoridade é moi relaxante e invita á tranquilidade.
A finais do século XIX nacen en Estados Unidos as primeiras formacións instrumentais compostas de seis ou sete músicos creando un novo estilo musical que estaba baseado na improvisación. A este estilo se lle deu o nome de Jazz. Estes músicos reuníanse en locais para tocar e improvisar xuntos creando as chamadas Jazz Session. Os instrumentos musicais máis utilizados foron: batería, saxo, piano, trompeta... Charlie Parker (Saxofón) e Louis Armstrong (trompeta) son algúns dos músicos máis relevantes deste estilo musical.
No século XX xorden dous estilos musicales : O Rock e o Pop.
O Rock foi un movemento musical xuvenil que xurdíu en Estados Unidos. A figura musical máis importante deste estilo naquela época foi Elvis Presley considerado o Rei do Rock.
O Pop é outro estilo musical nado en Inglaterra. Os máximos representates deste estilo foron Os Beatles.