• 3ª AVALIACIÓN

    3ª AVALIACIÓN

    Unidade 5. Época Romántica
     
    Época Romántica
    • Durante a época romántica, os músicos expresaban nas súas composicións os seus ideais de liberdade e o seu desexo de provocar sentimentos e emocións. Para iso, utilizaban principalmente o piano; ou de modo máis complexo a orquestra. Gran parte da súa inspiración procedía do coñecemento dos temas dos cancioneiros tradicionais de diferenes culturas e mesmo de romances e cancións medievais de tipo amoroso ou heroico. España converteuse nun lugar privilexiado para os músicos románticos.
    • Os músicos virtuosos estiveron moi de moda na época romántica aínda que tamén tiveron os seus detractores. Chamábaselles vistuosos porque tocaban os instrumentos cunha grande habilidade e cun estilo perfecto e refinado. O virtuosismo poñía a proba a calidade do intérprete, do instrumento e o gusto do público.
      Liszt e Chopin, entre outros, interpretaban música propia e de repertorio cun refinamento e un grao de dificultade máximos. Eran grandes virtuosos do piano.
    • Vídeos


    • Algúns temas favoritos dos compositores románticos eran temas da música popular de diferentes lugares.
      Os xéneros do canto tradicional galego distínguense sobre todo polo ritmo. Os máis frecuentes son:

      1. Alalás e cantos de seitura.
      2. Muiñeira vella ou pandeirada e muiñeira nova.
      3. Xota vella e xota nova.
      4. Outras melodías fixas.

      A pandeirada ten unha pulsación rítmica indiferenciada que se divide en tres partes na pandeireta ou pandeiro e en dúas no canto. Ten unha gran variedade na súa estructura formal. A súa letra é sempre de versos de oito sílabas que son cantadas silabicamente.
    • Vídeos


    • INSTRUMENTOS MUSICAIS DESTA ÉPOCA

    •  
      A FRAUTA TRAVESEIRA pertence á familia de vento-madeira (as primeiras eran de madeira). A embocadura sitúase na parte lateral dun extremo e tócase colocándoa en posición horizontal. Compleméntase moi ben en dúo coa arpa.



    •  
      O PIANO pódese dicir que é o rei dos instrumentos desta época. É un instrumento de corda percutida con teclado. Ao principio chamábase PIANOFORTE porque podía emitir sons suaves e fortes, a diferenza da clave. O seu nome abreviouse e quedou co de piano.

      Inclúe dous ou tres pedais que modifican a duración dos seus sons.




    •  

      A ARPA máis antiga que se coñece data do ano 2600 a.C. Desde entón, evolucionou moito e diversificouse nunha ampla colección. A arpa pode ter desde unha corda ata 47, como a das orquestras, A súa sonoridade é moi relaxante e invita á tranquilidade.



    • Unidade 6. Época Moderna

      Época Moderna
    • MÚSICA A FINAIS DO SÉCULO XIX


      A finais do século XIX nacen en Estados Unidos as primeiras formacións instrumentais compostas de seis ou sete músicos creando un novo estilo musical que estaba baseado na improvisación. A este estilo se lle deu o nome de Jazz.
      Estes músicos reuníanse en locais para tocar e improvisar xuntos creando as chamadas Jazz Session.
      Os instrumentos musicais máis utilizados foron: batería, saxo, piano, trompeta...
      Charlie Parker (Saxofón) e Louis Armstrong (trompeta) son algúns dos músicos máis relevantes deste estilo musical.

    • A MÚSICA NO SÉCULO XX

      No século XX xorden dous estilos musicales : O Rock e o Pop.

      O Rock foi un movemento musical xuvenil que xurdíu en Estados Unidos. A figura musical máis importante deste estilo naquela época foi Elvis Presley considerado o Rei do Rock.

      O Pop é outro estilo musical nado en Inglaterra. Os máximos representates deste estilo foron Os Beatles.