Personalizar o noso perfil
Requisitos do completado
1. Dende calquera parte da aula virtual, unha vez iniciada sesión, prememos no noso nome e a continuación en Perfil.

2. Amósasenos o noso perfil cos nosos datos. Temos unha ligazón para editar o perfil que prememos para continuar.

3. Dende esta pantalla podes modificar o teu perfil.
É interesante que te asegures que o teu enderezo de correo é o correcto. Podes modificalo se previamente tiñas o correo por defecto (noncontestar@edu.xunta.gal).
Por outra banda tamén é interesante que teñas unha foto de perfil pois axudará a identificarte de forma rápida. Podes modificar a túa foto tamén aquí.
Para rematar preme en "Actualizar o perfil"

Última modificación: xoves, 12 de novembro de 2020, 3:07 PM