Para que serve o glosario? 

O glosario permite ao profesorado e ao alumnado crear un dicionario de termos asociados á materia, no que os/as alumnos/as poden ser avaliados/as polas definicións ou polos comentarios que aportan.

Ademais, permite anexar ficheiros a entradas do glosario. As imaxes anexas preséntanse na entrada. As entradas poden ser buscadas ou vistas por orde alfabética ou por categoría, data ou autoría. As entradas poden ser aprobadas de modo predeterminado ou requirir aprobación por parte do/a profesor/a antes de seren visibles para todo o mundo.

Se o filtro de autoligado automático está activo, as entradas estarán automaticamente ligadas cando os termos e/ou as frases aparezan no transcurso do curso.

Actividade tipo glosario
Imaxe 4.7.1 Actividade tipo Glosario

Como se crea un glosario? 

  1. Activar o modo edición no curso.
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre Engadir unha actividade ou un recurso.
  3. Seleccionar a actividade de tipo Glosario.
  4. Finalmente, pulsar o botón Engadir.

Existen diferentes aspectos que se poden configurar dun glosario, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral 

  • Nome: introduce un nome para dar título a este glosario.
  • Descrición: escribe un pequeno parágrafo que describa e identifique a este glosario.
  • Presentar a descrición na páxina do curso: se está activado, a introdución/descrición anterior presentarase na páxina do curso xusto embaixo da ligazón á actividade / recurso.
  • Tipo de glosario: existen dous tipos de glosarios: principal e secundario. Un glosario principal é un glosario no que as entradas de glosarios secundarios poden ser importados. Soamente pode haber un glosario principal nun curso. Se non se necesita unha importación de glosario, tódolos glosarios do curso poden ser glosarios secundarios.

Entradas

  • Aprobado predeterminado: de estabelecer como non, as entradas requirirán a aprobación dun profesor antes de ser visibles para calquera.
  • Editar sempre: esta configuración especifica se as entradas son sempre editables ou se o alumnado soamente pode editar as entradas durante o tempo de edición configurado (adoita ser de 30 minutos).
  • Permitidas as entradas duplicadas: de estar activado, múltiples entradas poden ter o mesmo nome de concepto.
  • Permitir comentarios nas entradas: de estar activado, tódolos participantes con permiso para crear comentarios poderán engadir comentarios ás entradas do glosario.
  • Ligar automaticamente as entradas do glosario: se o autoligado do glosario global do sitio está activado por parte dun administrador e esta caixa de selección está activa, o formulario Engadir unha nova entrada inclúe a opción para ligar automaticamente a entrada cando os termos de frases do concepto aparezan ao longo resto do curso.

Aparencia

  • Presentar formato: existen 7 formatos de presentación:
    • Simple, estilo de dicionario - Non se presentan os/as autores/as e as ligazóns preséntanse como ligazóns.
    • Completa con autor - Unha presentación estilo foro que amosa a data do autor e os anexos como ligazóns.
    • Completo sen autor - Unha presentación estilo foro sen autores e os anexos como ligazóns.
    • Continuo sen autor - As entradas preséntanse unha despois doutra sen ningunha separación aparte das iconas de edición.
    • Enciclopedia - Igual que Completo con autor pero as imaxes anexas amósanse en liña.
    • Entrada de lista - Os conceptos amósanse como ligazóns.
    • FAQ - As palabras PREGUNTA e RESPOSTA penden do concepto da definición, respectivamente.
  • Formato de presentación da aprobación: ao aprobar items do glosario pode querer usar un formato de presentación diferente.
  • Mostrar alfabeto: se está activado, os participantes poder ver o glosario por letras do alfabeto.
  • Amosar a ligazón TODO: se está activado, os participantes poden ver todas as entradas á vez.
  • Amosar a ligazón Especial: se está activado, os participantes poden ver o glosario por caracteres especiais, tales como @ e #.
  • Permitir vista de impresión: de estar activado, os alumnos teñen unha ligazón a unha versión apta para impresión do glosario. A ligazón está sempre dispoñible para os profesores.
Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 6:27 PM