Para que serve a escolla (consulta)? 

A escolla permite ao profesorado realizar unha pregunta, xunto cunha lista de opcións ou respostas, das cales o alumnado poderá escoller unha ou máis, en función da configuración da propia escolla.

Actividade tipo escolla
Imaxe 4.5.1 Actividade tipo Escolla (Consulta)

Como se crea unha escolla? 

  1. Dende a páxina principal do curso, pulsar a opción Activar edición.
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre o botón Engadir unha actividade ou un recurso.
  3. Seleccionar a actividade de tipo Escolla.
  4. Finalmente, pulsar sobre o botón Engadir.

Os aspectos a configurar clasifícanse por apartados, igual que no resto de actividades, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral

  • Nome escollido: introducimos o nome que queiramos como título.
  • Descrición: podemos engadir un pequeno texto descritivo da escolla.
  • Mostrar modo: Mostra horizontal ou verticalmente.

Opcións

  • Permitir actualizar a escolla: permítelle ao alumnado a posibilidade de cambiar de opción, despois de que respondera.
  • Permitir que se seleccione máis dunha escolla: permite ao alumnado marcar máis dunha resposta como correcta.
  • Limitar o número de respostas permitidas: esta opción permítelle limitar o número de participantes que poden seleccionar cada opción de escolla. Cando se acada o límite, ninguén máis pode seleccionar esa opción. Se os límites se presentan desactivados, calquera número de participantes pode seleccionar calquera das opcións.

Resultados

  • Publicar resultados: neste apartado podemos elixir se o alumnado poderá ver os resultados da Escolla.
  • Privacidade dos resultados: no caso de elexir que o alumnado poida ver os resultados da Escolla, permite indicar como se desexa mostrar os datos do alumnado xunto coa da súa resposta.
  • Mostrar columna para non respondida: permite amosar o alumnado que aínda está pendente de responder.

Configuración común do módulo

Na Escolla o modo de grupo compórtase do seguinte xeito:

  • Sen grupos: o límite de participantes afecta a todos e todas por igual
  • Grupos separados: o límite de participantes por resposta aplícase só aos membros dun mesmo grupo. Despois de responder, os membros dun grupo poderán ver (*) unicamente as respostas do seu propio grupo.
  • Grupos visibles: igual que grupos separados, pero ademais permite que calquera participante poida ver (*) o número de respostas de cada grupo.

(*) No caso de que o/a profesor/a permita ver os resultados ao crear a escolla.

Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 6:38 PM